{"id":3048,"date":"2023-06-05T10:05:21","date_gmt":"2023-06-05T10:05:21","guid":{"rendered":"https:\/\/salimat.es\/salimat-abanca-multiplica-los-showcookings-con-reputados-chefs-estrena-faladoiro-y-enfrenta-a-rostros-conocidos-en-el-concurso-de-tortilla\/"},"modified":"2023-06-05T10:08:28","modified_gmt":"2023-06-05T10:08:28","slug":"salimat-abanca-multiplica-los-showcookings-con-reputados-chefs-estrena-faladoiro-y-enfrenta-a-rostros-conocidos-en-el-concurso-de-tortilla","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/salimat.es\/gl\/salimat-abanca-multiplica-los-showcookings-con-reputados-chefs-estrena-faladoiro-y-enfrenta-a-rostros-conocidos-en-el-concurso-de-tortilla\/","title":{"rendered":"Salimat Abanca multiplica os showcookings con reputados chefs, estrea \u201cfaladoiro\u201d e enfronta a rostros co\u00f1ecidos no concurso da tortilla"},"content":{"rendered":"
Silleda, 5 de xu\u00f1o de 2023.- <\/em><\/strong>O 26\u00ba Sal\u00f3n de Alimentaci\u00f3n do Atl\u00e1ntico, Salimat Abanca 2023, que se celebrar\u00e1 xunto coa 45\u00aa feira Abanca Semana Verde de Galicia do 8 ao 11 de xu\u00f1o, contar\u00e1 cun completo programa no que destacar\u00e1 os showcookings con reco\u00f1ecidos chefs, as catas e as degustaci\u00f3ns.<\/p>\n Na s\u00faa \u201cTerraza Salimat\u201d, ter\u00e1n lugar numerosas propostas de coci\u00f1a en vivo durante os catro d\u00edas do certame. Entre elas destacar\u00e1n os showcookings a cargo dos chefs Mart\u00edn Mantilla e Andr\u00e9 Arz\u00faa, ademais do conducido por Indo e Vindo Espazo Gastron\u00f3mico.<\/p>\n Na \u00e1rea expositiva do certame a Conseller\u00eda do Mar realizar\u00e1 varias sesi\u00f3ns todos os d\u00edas, nas que participar\u00e1n os chefs Mois\u00e9s Rodr\u00edguez, Jos\u00e9 Manuel Mall\u00f3n, Emma Pinal, Bego\u00f1a V\u00e1zquez, Maica Couto, Diego Dom\u00ednguez e Criselda Iglesias. Ademais, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) realizar\u00e1 preto dunha vintena de catas e masterclass con produtos galegos con Denominaci\u00f3n de Orixe e Indicaci\u00f3n Xeogr\u00e1fica Protexida, conducidas algunhas delas polo chef Jos\u00e9 Manuel Mall\u00f3n ou o sumiller Nacho Costoya. Sumaranse showcookings, catas e degustaci\u00f3ns nun elevado n\u00famero de stands da feira.<\/p>\n En todas estas actividades os protagonistas ser\u00e1n multitude de produtos, que ir\u00e1n desde l\u00e1cteos, aceites, casta\u00f1as, c\u00e1rnicos, pan, mel, embutidos, conservas, chocolate, batidos, esp\u00e1rragos, flocos de millo ecol\u00f3xico ou doces ata caf\u00e9, vi\u00f1os de numerosas Denominaci\u00f3ns de Orixe, vermut, txakol\u00ed, sidra, mosto, augardentes, licores ou c\u00f3cteles, entre moitos outros.<\/p>\n As\u00ed mesmo, haber\u00e1 talleres, especialmente dirixidos a escolares, centrados en aspectos como alimentaci\u00f3n saudable, aceite ou l\u00e1cteos.<\/p>\n Faladoiro e concurso de tortilla<\/strong><\/p>\n O certame estrea nesta edici\u00f3n o \u201cFaladoiro de Salimat\u201d, un espazo que contar\u00e1 con tres grandes chefs, separados xeograficamente pero unidos pola s\u00faa paix\u00f3n, a coci\u00f1a, os cales falar\u00e1n do onte e o hoxe mentres elaboran un prato de referencia nas s\u00faas vidas para degustar co p\u00fablico. Estes chefs ser\u00e1n o galego Miguel Mosteiro, o vasco Diego Valdivieso e o andaluz Paco Ybarra, os cales representan a tres comunidades historicamente ligadas coa boa gastronom\u00eda, pioneiras e referencia a nivel mundial.<\/p>\n Tam\u00e9n con novidades celebrarase o III Concurso Popular de Tortilla Espa\u00f1ola \u201cD.O.P Baena\u201d, no cal este ano haber\u00e1 d\u00faas competici\u00f3ns. A primeira delas ser\u00e1 entre dous equipos conformados, cada un deles, por cinco persoas pertencentes a unha asociaci\u00f3n e capitaneados por d\u00faas dos rostros m\u00e1is reco\u00f1ecidos e queridos da Televisi\u00f3n de Galicia, Duarte Galb\u00e1n e Tania Veiras, quen ser\u00e1 os \u00fanicos que poidan tocar a tixola durante a competici\u00f3n. O segundo enfrontamento ser\u00e1 individual, entre as dez persoas pertencentes \u00e1s asociaci\u00f3ns.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" ESTE SAL\u00d3N DE ALIMENTACI\u00d3N, QUE TER\u00c1 LUGAR DO 8 AO 11 DE XU\u00d1O NA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA ACOLLER\u00c1 ADEMAIS MULTITUDE DE CATAS, DEGUSTACI\u00d3NS, MASTERCLASS E OBRADOIROS O CHEF GALEGO MIGUEL MOSTEIRO, O VASCO DIEGO VALDIVIESO E O ANDALUZ PACO YBARRA COMPARTIR\u00c1N UN ESPAZO NO QUE FALAR\u00c1N DO ONTE E O HOXE MENTRAS ELABORAN … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":2952,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"acf":[],"yoast_head":"\n