{"id":3443,"date":"2024-05-20T10:45:01","date_gmt":"2024-05-20T10:45:01","guid":{"rendered":"https:\/\/salimat.es\/pate-de-lacon-con-fruto-de-madrono-y-maiz-aceite-con-esencia-de-anchoa-o-mermelada-con-ajo-negro-entre-las-innovaciones-alimentarias-de-salimat-abanca-2024\/"},"modified":"2024-05-20T10:48:06","modified_gmt":"2024-05-20T10:48:06","slug":"pate-de-lacon-con-fruto-de-madrono-y-maiz-aceite-con-esencia-de-anchoa-o-mermelada-con-ajo-negro-entre-las-innovaciones-alimentarias-de-salimat-abanca-2024","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/salimat.es\/gl\/pate-de-lacon-con-fruto-de-madrono-y-maiz-aceite-con-esencia-de-anchoa-o-mermelada-con-ajo-negro-entre-las-innovaciones-alimentarias-de-salimat-abanca-2024\/","title":{"rendered":"Pat\u00e9 de lac\u00f3n con froito de \u00e9rbedo e millo, aceite con esencia de anchoa ou marmelada con allo negro entre as innovaci\u00f3ns alimentarias de Salimat Abanca 2024"},"content":{"rendered":"
Silleda, 20 de maio de 2024.- <\/em><\/strong>O 27\u00ba Sal\u00f3n de Alimentaci\u00f3n do Atl\u00e1ntico, Salimat Abanca 2024, o cal se celebrar\u00e1 do 30 de maio ao 2 de xu\u00f1o de forma paralela \u00e1 Feira Internacional Abanca Semana Verde, contar\u00e1 na s\u00faa \u00e1rea Alinova con cerca de sesenta innovadores produtos alimentarios.<\/p>\n Esta zona dedicada \u00e1s novidades ser\u00e1 un importante escaparate para os expositores ante o consumidor final e tam\u00e9n os profesionais do sector. Ademais, as empresas fabricantes mostrar\u00e1n estes produtos nos seus stands.<\/p>\n Nesta edici\u00f3n, en Alinova estar\u00e1n moi presentes os produtos e conservas c\u00e1rnicas, moitas delas centradas nas razas aut\u00f3ctonas de Galicia en perigo de extinci\u00f3n, como un pat\u00e9 de lac\u00f3n de Porco Celta con froito de \u00e9rbedo e millo curvo e outro de chourizo de Porco Celta con queixo ou distintos chourizos e salchich\u00f3ns de Porco Celta, picant\u00f3ns, doces ou elaborados con vaca Cachena, alg\u00fans deles afumados con le\u00f1a de carballo. Tam\u00e9n caldo limpo elaborado con Gali\u00f1a Pi\u00f1eira, Porco Celta, Vaca Frieiresa e verduras frescas, manteiga filtrada 100% de Porco Celta, leit\u00f3n de Porco Celta cocido e prensado, cabeza de Porco Celta prensada e envasada ao baleiro, cap\u00f3ns e tenreira criados en liberdade con alimentaci\u00f3n natural ou produtos de cabra de raza Palmera.<\/p>\n Tam\u00e9n ser\u00e1n numerosos os aceites de oliva virxe extra, entre eles un infusionado lentamente e a moi baixa temperatura con herbas, allo e chile, un obtido soamente da pulpa da oliva refugando o \u00f3so, como fac\u00edan os romanos e chamaban \u201cflos olei\u201d, outros con esencia de anchoa, afrutado intenso a oliva verde, de variedade pico lim\u00f3n colleita temper\u00e1 ou os ecol\u00f3xicos envero de primeiros d\u00eda de novembro e verde de primeiros d\u00edas de outubro. Tam\u00e9n se mostrar\u00e1 po de aceite de oliva virxe extra recolecci\u00f3n temper\u00e1 e unha li\u00f1a de AOVE solidaria contra o cancro.<\/p>\n Sumaranse os l\u00e1cteos, como crema de queixo de cabra con allo negro, crema de queixo brie con touci\u00f1o entrefebrado rabioso de Porco Celta ou novos queixos elaborados con leite ecol\u00f3xico e de vaca de pastoreo. Ademais, haber\u00e1 produtos doces, como distintas variedades de alfajores, rocas de queimada, polvor\u00f3ns de am\u00e9ndoa elaborados con manteiga de Porco Celta, novos follados de manteiga en formato mini e diversas marmeladas, con allo negro, de aceite ecol\u00f3xico con raiadura de laranxa, de aceite de oliva virxe extra de produci\u00f3n temper\u00e1 ou de arando sen azucres engadidos.<\/p>\n Tam\u00e9n se mostrar\u00e1n bebidas, como vi\u00f1o albari\u00f1o de autor nove meses nas s\u00faas propias leas e m\u00ednimo de catorce meses en botella ou vi\u00f1o rosado ecol\u00f3xico elaborado con negramoll, list\u00e1n prieto e list\u00e1n branco de Canarias, un licor de canela con froitas deshidratadas, blended whiskey cun 50% de malta inspirado nas f\u00f3rmulas orixinais de 1906, novos vermuts galegos vermellos e brancos ou sidras, como unha espumosa seca elaborada con maz\u00e1s seleccionadas de Cantabria e unha nova proposta elaborada con maz\u00e1s de carne vermella que lle achega \u00e1 sidra unha caracter\u00edstica cor vermella natural.<\/p>\n E respecto \u00e1s conservas, destacar\u00e1n alg\u00fans como caracois cocidos refrixerados, anchoas ecol\u00f3xicas sobadas a man de costeira de primavera e novos pat\u00e9s de produtos do mar, entre eles crema gourmet de sardi\u00f1a con pemento, ou da horta, como crema de piquillo confeitado.<\/p>\n Por outra banda, atoparanse produtos como sopas de verduras deshidratas 100% naturais, casta\u00f1a deshidrata, pelada e triturada, snack de pl\u00e1tano macho frito, fari\u00f1a de pl\u00e1tano macho, infusi\u00f3n de pl\u00e1tano ou vinagre de arando ecol\u00f3xico.<\/p>\n Preto de 40 empresas en Alinova<\/strong><\/p>\n Ser\u00e1n preto de corenta as empresas que expo\u00f1er\u00e1n produtos exclusivos producidos nas s\u00faas instalaci\u00f3ns, moitos dos cales ser\u00e1n presentados por primeira vez ao mercado en Salimat Abanca 2024.<\/p>\n Estas compa\u00f1\u00edas lanzan as s\u00faas novidades baixo m\u00e1rcalas Galletas Xianas, A Factor\u00eda do Lume, Mi\u00f3leum Gourmet, Ajo Bovedano, Olivo Real Solidaria, Almazara Saturnino Arias, Granja Los Tumbitos, Bodegas Castellun Augusti, Caracoles de Gredos, Carnicer\u00eda Enxebre, Celtagal, Cienporcel, CMF Celtaporc, Dona Cobi\u00f1a, D.O. D Celtas da Ulloa, Nat Hey, Sangr&a, Ibar, El Caballito Cant\u00e1brico, Finca Las Malezas, Grandor Alfajores, Haza La Centenosa, A Perla Illas C\u00edes, Lorygranja Cap\u00f3n de Covelo, Pintarr\u00e9, MareTerra Conservas, Migaya, Cibrao, Socorritos de Cervera, Batuxo, Sierra Santo Tom\u00e9, Salsas\u00f3n, Vega Norte, Somarroza, Sili\u00f3 Berries, Sofragal e Tres Fuci\u00f1os Sociedade Cooperativa Galega.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" AMOSARANSE NA \u00c1REA DE NOVOS PRODUTOS ALINOVA, A CAL PODE VERSE DURANTE TODOS OS D\u00cdAS DESTE SAL\u00d3N, DO 30 DE MAIO AO 2 DE XU\u00d1O Silleda, 20 de maio de 2024.- O 27\u00ba Sal\u00f3n de Alimentaci\u00f3n do Atl\u00e1ntico, Salimat Abanca 2024, o cal se celebrar\u00e1 do 30 de maio ao 2 de xu\u00f1o de forma … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3138,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"acf":[],"yoast_head":"\n