{"id":3492,"date":"2024-06-04T11:13:55","date_gmt":"2024-06-04T11:13:55","guid":{"rendered":"https:\/\/salimat.es\/salimat-abanca-2024-record-de-expositores-1-300-reuniones-en-unos-encuentros-internacionales-de-negocio-con-elogios-y-84-673-visitantes\/"},"modified":"2024-06-04T11:16:02","modified_gmt":"2024-06-04T11:16:02","slug":"salimat-abanca-2024-record-de-expositores-1-300-reuniones-en-unos-encuentros-internacionales-de-negocio-con-elogios-y-84-673-visitantes","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/salimat.es\/gl\/salimat-abanca-2024-record-de-expositores-1-300-reuniones-en-unos-encuentros-internacionales-de-negocio-con-elogios-y-84-673-visitantes\/","title":{"rendered":"Salimat Abanca 2024: r\u00e9cord de expositores, 1.300 reuni\u00f3ns nuns Encontros Internacionais de Negocio con eloxios e 84.673 visitantes"},"content":{"rendered":"
Silleda, 4 de xu\u00f1o de 2024.- <\/em><\/strong>O 27\u00ba Sal\u00f3n de Alimentaci\u00f3n do Atl\u00e1ntico, o cal se celebrou do 30 de maio ao 2 de xu\u00f1o no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda, Pontevedra), pechou as s\u00faas portas tras celebrar unha exitosa cita.<\/p>\n As\u00ed, nesta edici\u00f3n alcanzou cifras r\u00e9cord en n\u00famero de expositores directos, ao chegar \u00e1s 277 empresas e entidades participantes, as cales conformaron un magn\u00edfico escaparate alimentario e gastron\u00f3mico. Unha mostra que, xunto coa exposici\u00f3n da 46\u00aa Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, foi visitada finalmente por 84.673 persoas, desde o xoves ata o domingo ao peche da feira.<\/p>\n Ademais da s\u00faa \u00e1rea expositiva, destacaron as m\u00e1is de 60 innovaci\u00f3ns alimentarias presentes en Alinova, os seus m\u00faltiples showcookings con reputados chefs, o seu concurso de tortilla, infinidade de talleres de coci\u00f1a, catas, degustaci\u00f3ns, o Encontro Gastroblogger e, por suposto, os seus Encontros Internacionais de Compradores.<\/p>\n <\/p>\n Mesas de negocio<\/strong><\/p>\n Unha vez m\u00e1is os Encontros Internacionais de Compradores de Salimat Abanca facilitaron \u00e1s empresas presentes no certame a apertura de novos mercados tanto en Espa\u00f1a como noutros pa\u00edses.<\/p>\n Lev\u00e1ronse a cabo m\u00e1is de 1.300 reuni\u00f3ns nas que 150 empresas mostraron os seus produtos a 33 importadores e distribuidores alimentarios de dezanove pa\u00edses, como son Alema\u00f1a, Austria, B\u00e9lxica, Brasil, Canad\u00e1, Costa Rica, Espa\u00f1a, Finlandia, Francia, Italia, Israel, Xap\u00f3n, Lituania, M\u00e9xico, Malta, Polonia, Reino Unido, Rep\u00fablica Checa e Suecia. Deles, vinte e catro foron importadores e os restantes correspond\u00edanse con compradores nacionais, que eran distribuidores e cadeas de distribuci\u00f3n alimentaria espa\u00f1olas ou con presenza no pa\u00eds como son Carrefour, Gadisa, El Corte Ingl\u00e9s e Lidl, sendo a primeira vez que esta \u00faltima participaba nos Encontros.<\/p>\n O feedback recibido por parte dos compradores resultou moi positivo, con opini\u00f3ns tan favorables como a dun importador alem\u00e1n que considerou que Salimat Abanca \u00e9 a mellor feira rexional de produtos gourmet na que ten participado. Con este gran interese por parte de importadores e distribuidores, as empresas participantes calificaron os encontros de moi satisfactorios.<\/p>\n Estes Encontros Internacionais de Compradores de Salimat Abanca 2024, que se converteron unha vez m\u00e1is nunha eficaz ferramenta de venda, contaron co apoio do Instituto Galego de Promoci\u00f3n Econ\u00f3mica (IGAPE) e a colaboraci\u00f3n do Cl\u00faster Alimentario de Galicia (Clusaga).<\/p>\n A estas mesas de negocio engadiuse unha pequena viaxe de familiarizaci\u00f3n na que participaron parte dos compradores que acud\u00edan aos Encontros Internacionais de Compradores e tam\u00e9n os operadores tur\u00edsticos presentes na Bolsa de Contrataci\u00f3n Tur\u00edstica do certame paralelo Turexpo Galicia. Comezou o venres 31 de maio cunha visita ao Pazo de Oca e os seus hist\u00f3ricos xard\u00edns en A Estrada (Pontevedra) e \u00e1 finca de enoturismo Mar\u00eda Manuela, en Boqueix\u00f3n (A Coru\u00f1a).<\/p>\n O s\u00e1bado 1 de xu\u00f1o co\u00f1eceron Ferrol, realizando unha viaxe en barco pola r\u00eda, visitando tanto o Castelo de San Felipe como o Arsenal e o museo Exponav e tam\u00e9n degustando produtos do mar no Parador da cidade. Ademais, traslad\u00e1ronse a Betanzos (A Coru\u00f1a) para pasear polo seu centro hist\u00f3rico e probar produtos locais. Xa o domingo 2 de xu\u00f1o co\u00f1eceron o tramo final do cami\u00f1o de Santiago, visitaron a Catedral e remataron a viaxe descubrindo o centro hist\u00f3rico de Compostela.<\/p>\n >>> + FOTOS<\/strong><\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" ESTE 27\u00ba SAL\u00d3N DE ALIMENTACI\u00d3N DO ATL\u00c1NTCO DESENVOLVEUSE DO 30 DE MAIO AO 2 DE XU\u00d1O NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA SATISFACCI\u00d3N NAS MESAS DE NEGOCIO POR PARTE DE EXPOSITORES E COMPRADORES, ENTRE OS QUE SE TEN DESTACADO ESTA CITA COMO \u201cA MELLOR FEIRA REXIONAL DE PRODUTOS GOURMET\u201d Silleda, 4 de xu\u00f1o de … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3490,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"acf":[],"yoast_head":"\n