{"id":3641,"date":"2025-04-08T11:53:13","date_gmt":"2025-04-08T11:53:13","guid":{"rendered":"https:\/\/salimat.es\/el-salon-de-alimentacion-salimat-abanca-vuelve-a-gourmets-para-promocionar-su-28a-edicion\/"},"modified":"2025-04-08T12:02:26","modified_gmt":"2025-04-08T12:02:26","slug":"el-salon-de-alimentacion-salimat-abanca-vuelve-a-gourmets-para-promocionar-su-28a-edicion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/salimat.es\/gl\/el-salon-de-alimentacion-salimat-abanca-vuelve-a-gourmets-para-promocionar-su-28a-edicion\/","title":{"rendered":"O sal\u00f3n de alimentaci\u00f3n Salimat Abanca volve a Gourmets para promocionar a s\u00faa 28\u00aa edici\u00f3n"},"content":{"rendered":"
Silleda, 8 de abril de 2025.- <\/em><\/strong>O Sal\u00f3n de Alimentaci\u00f3n do Atl\u00e1ntico, Salimat Abanca, contin\u00faa promocionando a s\u00faa 28\u00aa edici\u00f3n, a cal ter\u00e1 lugar do 5 ao 8 de xu\u00f1o deste ano xunto \u00e1 Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.<\/p>\n E para iso o certame contin\u00faa apostado pola s\u00faa presenza noutros eventos como unha das ferramentas m\u00e1is efectivas para sumar novos expositores, xa que as visitas e participaci\u00f3ns noutras citas achegan a metade dos novos expositores desta feira.<\/p>\n As\u00ed, ademais de promocionarse a semana pasada no certame portugu\u00e9s, Agro, o cal tivo lugar en Braga, estes d\u00edas est\u00e1 a darse a co\u00f1ecer entre os expositores e visitantes da Feira Internacional de Alimentaci\u00f3n e Bebidas de Calidade, Gourmets, a cal celebra a s\u00faa 38\u00aa edici\u00f3n dende onte e ata o vindeiro xoves en Madrid.<\/p>\n A feira galega acode a este evento baixo o paraugas da Xunta de Galicia, dispo\u00f1endo dun espazo no stand que a Conseller\u00eda do Mar ten neste certame.<\/p>\n Ademais, en Gourmets est\u00e1 presente un equipo da Feira Internacional de Galicia ABANCA encabezado polo seu director, Ricardo Dur\u00e1n, o cal no s\u00f3 atende aos visitantes, sen\u00f3n que est\u00e1 realizando visitas a moitas das empresas e entidades presentes. Entre elas, algunhas que xa foron expositores daa entidade galega, como La Palma, que participou con satisfacci\u00f3n tanto en Salimat Abanca como na paralela feira de turismo Turexpo Galicia e que estudiar\u00e1 xunto coa Feira Internacional de Galicia ABANCA posibles formas de colaboraci\u00f3n entre esta e a feira de alimentaci\u00f3n que se celebra en La Palma.<\/p>\n Promoci\u00f3n para seguir medrando<\/strong><\/p>\n Salimat Abanca est\u00e1 dando a co\u00f1ecer no seu espazo as vantaxes de participar nunha feira que non parou de medrar nos \u00faltimos anos e que pretende seguir fac\u00e9ndoo. As\u00ed, tras a cita de 2024, na que conseguiu a s\u00faa maior cifra de expositores, con 277 empresas que superaron nun 3,3% a s\u00faa mellor edici\u00f3n, chega \u00e1 s\u00faa 28\u00aa convocatoria co obxectivo de superarse como punto de encontro do sector alimentario e gastron\u00f3mico.<\/p>\n Negocio, innovaci\u00f3n e intercambio de co\u00f1ecementos ser\u00e1n os piares deste certame, que potenciar\u00e1 as s\u00faas fortalezas a trav\u00e9s dunha atractiva mostra e unha ampla programaci\u00f3n. Nesta \u00faltima destacar\u00e1n os Encontros Internacionais de Compradores, ademais de showcookings, catas, presentaci\u00f3ns e o seu espazo de novos produtos Alinova.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" PARTICIPA CUN ESPAZO NO STAND QUE A CONSELLER\u00cdA DO MAR TEN NESTA FEIRA INTERNACIONAL DE ALIMENTACI\u00d3N E BEBIDAS DE CALIDADE, A CAL SE CELEBRA EN MADRID DENDE ONTE E ATA O VINDEIRO XOVES O CERTAME GALEGO TER\u00c1 LUGAR NA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA DO 5 AO 8 DE XU\u00d1O Silleda, 8 de abril de … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3639,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"acf":[],"yoast_head":"\n