{"id":3731,"date":"2025-05-26T14:25:44","date_gmt":"2025-05-26T14:25:44","guid":{"rendered":"https:\/\/salimat.es\/vermu-picante-barritas-de-proteina-sabor-a-tarta-de-santiago-o-crema-de-almendra-y-ajo-entre-las-innovaciones-alimentarias-de-salimat-abanca-2025\/"},"modified":"2025-06-27T08:57:55","modified_gmt":"2025-06-27T08:57:55","slug":"vermu-picante-barritas-de-proteina-sabor-a-tarta-de-santiago-o-crema-de-almendra-y-ajo-entre-las-innovaciones-alimentarias-de-salimat-abanca-2025","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/salimat.es\/gl\/vermu-picante-barritas-de-proteina-sabor-a-tarta-de-santiago-o-crema-de-almendra-y-ajo-entre-las-innovaciones-alimentarias-de-salimat-abanca-2025\/","title":{"rendered":"Verm\u00fa picante, barri\u00f1as de prote\u00edna ou crema de am\u00e9ndoa e allo, entre as innovaci\u00f3ns alimentarias de Salimat Abanca 2025"},"content":{"rendered":"
Silleda, 26 de maio de 2025.- <\/em><\/strong>O 28\u00ba Sal\u00f3n de Alimentaci\u00f3n do Atl\u00e1ntico, Salimat Abanca 2025, o cal se celebrar\u00e1 do 2 ao 5 de xu\u00f1o de forma paralela \u00e1 Feira Internacional Abanca Semana Verde, contar\u00e1 na s\u00faa \u00e1rea Alinova con m\u00e1is de sesenta innovadores produtos alimentarios.<\/p>\n Esta zona dedicada \u00e1s novidades ser\u00e1 un importante escaparate para os expositores ante o consumidor final e tam\u00e9n os profesionais do sector. Ademais, as empresas fabricantes mostrar\u00e1n estes produtos nos seus stands.<\/p>\n Nesta edici\u00f3n, en Alinova estar\u00e1n moi presentes as bebidas, entre elas un verm\u00fa picante que combina o vi\u00f1o Tinta de Toro coa guindilla<\/em> vermella zamorana e varios vi\u00f1os, como un tinto xoven fermentado en barrica de carballo, un branco con l\u00fapulo e outro branco fermentado lentamente a baixas temperaturas e madurado en barrica. Tam\u00e9n se expo\u00f1er\u00e1 licor artesanal de froitas como laranxa, lim\u00f3n ou n\u00edspero, unha nova sidra artes\u00e1 natural ou un zume de arando 100%, ademais de distintos rons, como un blend <\/em>das mellores barricas con mel infusionada con c\u00edtricos ou un ron branco caracterizado polo seu aroma a cana de azucre recentemente cortado.<\/p>\n Tam\u00e9n ser\u00e1n numerosos os aceites de oliva virxe extra, entre eles un variedade frantoio <\/em>afumado lentamente con madeiras de carballo e faia ou novos aceites de colleita temper\u00e1 ou ecol\u00f3xicos de distintas variedades. Sumaranse os produtos l\u00e1cteos, entre eles novas monodoses de xeado lista para ser consumidas en seis sabores destinados a cubrir as necesidades do mercado Horeca ou novos queixos de cabra.<\/p>\n Ademais, en canto a conservas, destacar\u00e1n algunhas como navallas empacadas una a unha, novos mexill\u00f3ns nunha salsa t\u00edpica galega, combinado de polbo galego e gamb\u00f3ns con guindilla<\/em> ou un novo salpic\u00f3n. E tam\u00e9n entre os produtos m\u00e1is doces haber\u00e1 propostas como barri\u00f1as naturais de prote\u00edna, galletas veganas de xenxibre ou de lim\u00f3n, pastas crocantes de manteiga realizadas cunha receita centenaria da Ribeira Sacra, galletas abizcoitadas en innovadores envases como bote de vidro ou caixa de cart\u00f3n que se converte en bandexa,\u00a0 galletas de nata ecol\u00f3xicas e artes\u00e1s, torta de am\u00e9ndoa con chocolate belga elaborada artesanalmente ou un novo mel de flores.<\/p>\n Por outra banda, atoparanse produtos como mollo palmeiro vermello con am\u00e9ndoas ou mollo con pementa palmeira e aceite de oliva, crema artesanal elaborada a base de am\u00e9ndoa e allo, empanadillas de diferentes sabores americanos, novas froitas deshidratadas e froitos secos en c\u00f3modo formato doypack, puros artes\u00e1ns elaborados con tabaco de cultivo ecol\u00f3xico na illa de La Palma, vinagre de maz\u00e1 ecol\u00f3xico ou un novo chourizo de untar.<\/p>\n M\u00e1s de 30 empresas en Alinova<\/strong><\/p>\n Ser\u00e1n m\u00e1is de trinta as empresas que expor\u00e1n produtos exclusivos producidos nas s\u00faas instalaci\u00f3ns, moitos dos cales ser\u00e1n presentados por primeira vez ao mercado en Salimat Abanca 2025.<\/p>\n Estas compa\u00f1\u00edas lanzan as s\u00faas novidades baixo as marcas Abd\u00f3n Segovia, Aove Green Sublim, Albenzaide,\u00a0 Palmojo y Reycampal, Aove 555, Oleum Alcazaba, Ars Olea, Quesos Cabraline, Tree Natural Bars, Bernardo Fari\u00f1a-P\u00e9rez, Bico de Xeado, Do\u00f1a Amelia, La Mulata, El Henazar, Aove Marsala, Panificadora Mencer, Frutos Secos La Albufera, Peruxi\u00f1as Veganas, Sacrapastas, La Mela, Destiladera, Martietas de F\u00edo, Maruxas de Nata, Mareterra Conservas, Maruxaina, Puros Richard, Aldea, Alejandrino-Finca Villaveza, Tarta La Condesa, Somarroza y Silio Berries.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" MOSTRARANSE NA \u00c1REA DE NOVOS PRODUTOS ALINOVA, A CAL PODE VERSE DURANTE TODOS OS D\u00cdAS DESTE SAL\u00d3N, DO 5 AO 8 DE XU\u00d1O Silleda, 26 de maio de 2025.- O 28\u00ba Sal\u00f3n de Alimentaci\u00f3n do Atl\u00e1ntico, Salimat Abanca 2025, o cal se celebrar\u00e1 do 2 ao 5 de xu\u00f1o de forma paralela \u00e1 Feira Internacional … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3553,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"acf":[],"yoast_head":"\n