{"id":3737,"date":"2025-06-02T07:32:35","date_gmt":"2025-06-02T07:32:35","guid":{"rendered":"https:\/\/salimat.es\/compradores-alimentarios-de-16-paises-que-incluyen-desde-costa-rica-hasta-emiratos-arabes-buscaran-productos-en-los-encuentros-de-salimat-abanca-2025\/"},"modified":"2025-06-02T07:34:32","modified_gmt":"2025-06-02T07:34:32","slug":"compradores-alimentarios-de-16-paises-que-incluyen-desde-costa-rica-hasta-emiratos-arabes-buscaran-productos-en-los-encuentros-de-salimat-abanca-2025","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/salimat.es\/gl\/compradores-alimentarios-de-16-paises-que-incluyen-desde-costa-rica-hasta-emiratos-arabes-buscaran-productos-en-los-encuentros-de-salimat-abanca-2025\/","title":{"rendered":"Compradores alimentarios de 16 pa\u00edses que incl\u00faen dende Costa Rica ata Emiratos \u00c1rabes buscar\u00e1n produtos nos Encontros de Salimat Abanca 2025"},"content":{"rendered":"
Silleda, 31 de maio de 2025.- <\/em><\/strong>O Sal\u00f3n de Alimentaci\u00f3n do Atl\u00e1ntico, Salimat Abanca, que celebrar\u00e1 a s\u00faa 28\u00aa edici\u00f3n do 5 ao 8 de xu\u00f1o xunto \u00e1 feira Abanca Semana Verde, volver\u00e1 desenvolver os seus Encontros Internacionais de Compradores, un espazo de negocio que facilita \u00e1s empresas presentes no certame a apertura de novos mercados, tanto en Espa\u00f1a como noutros pa\u00edses.<\/p>\n Nesta ocasi\u00f3n os expositores do sal\u00f3n ter\u00e1n a oportunidade de mostrar os seus produtos a 31 importadores e distribuidores alimentarios de dezaseis pa\u00edses, como son Alema\u00f1a, Austria, Bulgaria, Costa Rica, Dinamarca, Espa\u00f1a, Emiratos \u00c1rabes, Estados Unidos, Filipinas, Francia, Polonia, Portugal, Reino Unido, Rep\u00fablica Checa, Suecia e Su\u00edza.<\/p>\n Deles, vinte e dous son importadores e os restantes son compradores nacionais, correspond\u00e9ndose con cinco distribuidores e catro cadeas de distribuci\u00f3n alimentaria espa\u00f1olas ou con presenza no pa\u00eds como son Carrefour, Gadisa, El Corte Ingl\u00e9s e Lidl.<\/p>\n Na s\u00faa inmensa maior\u00eda mostraron a s\u00faa preferencia en co\u00f1ecer aceites, vi\u00f1os e outras bebidas, queixos e l\u00e1cteos, conservas, elaborados c\u00e1rnicos, snacks ou mel, ademais de produtos gourmet, ecol\u00f3xicos e de pequenos produtores.<\/p>\n Estes Encontros Internacionais de Compradores de Salimat Abanca 2025, os cales contan co apoio do Instituto Galego de Promoci\u00f3n Econ\u00f3mica (IGAPE) e a colaboraci\u00f3n do Cl\u00faster Alimentaria de Galicia (Clusaga), posibilitar\u00e1n \u00e1s empresas presentar directamente os seus produtos aos compradores a trav\u00e9s de reuni\u00f3ns axendadas en funci\u00f3n dos intereses de ambas as partes. Estas ser\u00e1n durante todo o primeiro d\u00eda e ata o mediod\u00eda da segunda xornada do certame.<\/p>\n Son as\u00ed unha eficaz ferramenta comercial, especialmente para a pequena e mediana empresa, a cal ten a posibilidade de que as s\u00faas propostas sexan inclu\u00eddas na carteira de produtos dos compradores e os lineais da gran distribuci\u00f3n.<\/p>\n Visitas en distintos puntos de Galicia<\/strong><\/p>\n Ademais das reuni\u00f3ns de negocio, os Encontros Internacionais de Compradores incluir\u00e1n desde o venres 6 de xu\u00f1o pola tarde e ata o domingo d\u00eda 8 de xu\u00f1o pola ma\u00f1\u00e1 unha actividade na que participar\u00e1n moitos dos importadores e distribuidores. Esta consistir\u00e1 en visitas a varias empresas galegas e tam\u00e9n a distintos enclaves tur\u00edsticos de interese da Comunidade.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" OS EXPOSITORES DESTE SAL\u00d3N DE ALIMENTACI\u00d3N DO ATL\u00c1NTICO REUNIRANSE CON 31 COMPRADORES NACIONAIS E INTERNACIONAIS DURANTE O PRIMEIRO D\u00cdA E MEDIO DO CERTAME, O CAL SE CELEBRAR\u00c1 DO 5 AO 8 DE XU\u00d1O XUNTO \u00c1 LA FEIRA ABANCA SEMANA VERDE DE GALICIA Silleda, 31 de maio de 2025.- O Sal\u00f3n de Alimentaci\u00f3n do Atl\u00e1ntico, Salimat … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3478,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"acf":[],"yoast_head":"\n