{"id":3762,"date":"2025-06-06T18:35:23","date_gmt":"2025-06-06T18:35:23","guid":{"rendered":"https:\/\/salimat.es\/mas-de-3-700-reuniones-y-acuerdos-ya-cerrados-en-las-mesas-de-negocio-con-turoperadores-y-compradores-alimentarios-de-21-paises-en-turexpo-y-salimat-abanca\/"},"modified":"2025-06-06T18:38:17","modified_gmt":"2025-06-06T18:38:17","slug":"mas-de-3-700-reuniones-y-acuerdos-ya-cerrados-en-las-mesas-de-negocio-con-turoperadores-y-compradores-alimentarios-de-21-paises-en-turexpo-y-salimat-abanca","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/salimat.es\/gl\/mas-de-3-700-reuniones-y-acuerdos-ya-cerrados-en-las-mesas-de-negocio-con-turoperadores-y-compradores-alimentarios-de-21-paises-en-turexpo-y-salimat-abanca\/","title":{"rendered":"M\u00e1s de 3.700 reuniones y acuerdos ya cerrados en las mesas de negocio con turoperadores y compradores alimentarios de 21 pa\u00edses, en Turexpo y Salimat Abanca"},"content":{"rendered":"
Silleda, 6 de xu\u00f1o de 2025.- <\/em><\/strong>O XIV Sal\u00f3n Tur\u00edstico de Galicia, Turexpo Galicia, e o 28\u00ba Sal\u00f3n de Alimentaci\u00f3n do Atl\u00e1ntico, Salimat Abanca, cel\u00e9branse desde onte e ata o domingo no marco da 47\u00aa feira Abanca Semana Verde de Galicia. Dentro da s\u00faa vertente m\u00e1is profesional estes certames acolleron durante todo o d\u00eda de onte e a ma\u00f1\u00e1 de hoxe m\u00e1is de 3.700 reuni\u00f3ns nas s\u00faas mesas de negocio.<\/p>\n As\u00ed, o Sal\u00f3n Tur\u00edstico de Galicia, Turexpo Galicia, celebrou a s\u00faa reco\u00f1ecida Bolsa de Contrataci\u00f3n, a cal, co apoio da Axencia Turismo de Galicia, volveu converterse nunha efectiva plataforma comercial para o sector coa celebraci\u00f3n de 2.500 reuni\u00f3ns. Nelas m\u00e1is de 140 empresas puideron mostrarlles as s\u00faas propostas a, finalmente, 33 operadores tur\u00edsticos con presenza en dez pa\u00edses, como son Alema\u00f1a, Canad\u00e1, Espa\u00f1a, Estados Unidos, Irlanda, Pa\u00edses Baixos, Polonia, Portugal e, por primeira vez, Indonesia e Serbia. Na s\u00faa maior\u00eda son axencias tradicionais ou de \u201cincoming\u201d (axencias de receptivo especializados en destino Espa\u00f1a e Portugal que traballan para emisores doutros mercados), a\u00ednda que outras buscaban especificamente propostas relacionadas con turismo activo e de natureza, gastron\u00f3mico, educativo para estudantes, de festas e festivais, sostible ou relixioso.<\/p>\n Estes operadores tur\u00edsticos trasladaron \u00e1 organizaci\u00f3n a s\u00faa boa experiencia na Bolsa polo gran interese da maior\u00eda das propostas e destinos presentes, \u00e1 vez que moitos deles explicaron que o tama\u00f1o e formato \u00e9 perfecto para aproveitar ao m\u00e1ximo a participaci\u00f3n, xa que noutros encontros B2B hai tantos participantes que non acaban conseguindo bos resultados. Unha impresi\u00f3n que xa se ven repetindo nos \u00faltimos anos entre os operadores tur\u00edsticos que acoden a Turexpo Galicia. En canto \u00e1s empresas participantes na Bolsa, destacaron que as s\u00faas expectativas de negocio son moi boas.<\/p>\n Pola s\u00faa banda, o Sal\u00f3n de Alimentaci\u00f3n do Atl\u00e1ntico, Salimat Abanca, acolleu os seus Encontros Internacionais de Compradores, un espazo que facilita \u00e1s empresas presentes no certame a apertura de novos mercados, tanto en Espa\u00f1a como noutros pa\u00edses. Neles lev\u00e1ronse a cabo m\u00e1is de 1.200 reuni\u00f3ns nas que 120 empresas mostraron os seus produtos a 31 importadores e distribuidores alimentarios de dezaseis pa\u00edses, como son Alema\u00f1a, Austria, Bulgaria, Costa Rica, Dinamarca, Espa\u00f1a, Emiratos \u00c1rabes, Estados Unidos, Filipinas, Francia, Polonia, Portugal, Reino Unido, Rep\u00fablica Checa, Suecia e Su\u00edza. Deles, vinte e dous son importadores e os restantes son compradores nacionais, correspond\u00e9ndose con catro distribuidores e cinco cadeas de distribuci\u00f3n alimentaria espa\u00f1olas ou con presenza no pa\u00eds como son Carrefour, Gadisa, El Corte Ingl\u00e9s, Lidl e, por primeira vez, Grupo Cuevas.<\/p>\n As impresi\u00f3ns por parte dos compradores son moi positivas, destacando todos eles que co\u00f1eceron produtos moi interesantes e mesmo \u201csorprendentes\u201d, alg\u00fans dos cales se ver\u00e1n nos lineais dalgunhas cadeas de distribuci\u00f3n polo atractivos que lles resultaron. As\u00ed mesmo, as empresas mostraron a s\u00faa satisfacci\u00f3n, pechando xa algunhas delas en feira varias operaci\u00f3ns importantes.<\/p>\n Estes Encontros Internacionais de Compradores de Salimat Abanca 2025, que se converteron unha vez m\u00e1is nunha eficaz ferramenta de venda, contaron co apoio do Instituto Galego de Promoci\u00f3n Econ\u00f3mica (IGAPE) e a colaboraci\u00f3n do Cl\u00faster Alimentario de Galicia.<\/p>\n Fam trip <\/strong><\/p>\n A estas mesas de negocio eng\u00e1dese unha pequena viaxe de familiarizaci\u00f3n na que participar\u00e1 a maior\u00eda de operadores tur\u00edsticos asistentes \u00e1 Bolsa de Contrataci\u00f3n de Turexpo Galicia e tam\u00e9n alg\u00fans dos compradores que acoden aos Encontros Internacionais de Salimat Abanca.<\/p>\n Comezar\u00e1 esta tarde cunha visita ao Pazo de Oca e os seus hist\u00f3ricos xard\u00edns en A Estrada. Xa ma\u00f1\u00e1 co\u00f1ecer\u00e1n a comarca do Ribeiro, con parada e comida no Pazo de Toubes, en Riob\u00f3 (Cenlle), e visitas \u00e1s localidades de Ribadavia e Ourense, onde co\u00f1ecer\u00e1n distintas zonas da cidade e a s\u00faa catedral. O \u00faltimo d\u00eda, o domingo, ter\u00e1n d\u00faas opci\u00f3ns, ben visitar Santiago de Compostela e a s\u00faa catedral ou, para aqueles que xa co\u00f1ecen a cidade, descubrir o Pazo de Rubi\u00e1ns, en Vilagarc\u00eda de Arousa.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" TIVERON LUGAR DURANTE O D\u00cdA DE ONTE E A MA\u00d1\u00c1 DE HOXE NO MARCO DO SAL\u00d3N TUR\u00cdSTICO DE GALICIA E O SAL\u00d3N DE ALIMENTACI\u00d3N DO ATL\u00c1NTICO, OS CALES SE CELEBRAN XUNTO \u00c1 FERIA ABANCA SEMANA VERDE ATA O DOMINGO Silleda, 6 de xu\u00f1o de 2025.- O XIV Sal\u00f3n Tur\u00edstico de Galicia, Turexpo Galicia, e o … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3760,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"acf":[],"yoast_head":"\n