{"id":3785,"date":"2025-09-26T13:33:11","date_gmt":"2025-09-26T13:33:11","guid":{"rendered":"https:\/\/salimat.es\/el-salon-de-alimentacion-salimat-abanca-participa-por-primera-vez-en-saborea-la-palma-para-promocionar-su-edicion-de-2026\/"},"modified":"2025-09-26T13:36:06","modified_gmt":"2025-09-26T13:36:06","slug":"el-salon-de-alimentacion-salimat-abanca-participa-por-primera-vez-en-saborea-la-palma-para-promocionar-su-edicion-de-2026","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/salimat.es\/gl\/el-salon-de-alimentacion-salimat-abanca-participa-por-primera-vez-en-saborea-la-palma-para-promocionar-su-edicion-de-2026\/","title":{"rendered":"O sal\u00f3n de alimentaci\u00f3n Salimat Abanca participa por primeira vez en Saborea La Palma para promocionar a s\u00faa edici\u00f3n de 2026"},"content":{"rendered":"
Silleda, 26 de setembro de 2025.- <\/em><\/strong>O Sal\u00f3n de Alimentaci\u00f3n do Atl\u00e1ntico, Salimat Abanca, contin\u00faa promocionando a s\u00faa 29\u00aa edici\u00f3n, a cal ter\u00e1 lugar do 4 ao 7 de xu\u00f1o do vindeiro ano xunto \u00e1 Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.<\/p>\n As\u00ed, se a semana pasada un equipo feiral visitou o certame Aut\u00e9ntica Premium Food de Sevilla, estes d\u00edas Salimat Abanca est\u00e1 a darse a co\u00f1ecer entre os participantes e visitantes da segunda edici\u00f3n da Feira Insular de Gastronom\u00eda, Saborea La Palma, a cal se celebra hoxe venres e ma\u00f1\u00e1 s\u00e1bado en Los Llanos de Aridane, na illa da Palma (Canarias).<\/p>\n Salimat Abanca disp\u00f3n dun stand nesta feira que, ademais de produtores e restaurantes da illa, conta coa presenza de distintas entidades e destinos tanto rexionais como nacionais. Unha presenza que responde a unha xa estreita relaci\u00f3n entre a entidade feiral galega e La Palma, expositora xunto a varios produtores palmeiros nas d\u00faas \u00faltimas edici\u00f3ns de Salimat Abanca e tam\u00e9n en varias convocatorias do paralelo sal\u00f3n de turismo Turexpo Galicia, e que agora se produce \u00e1 inversa, coa asistencia por primeira vez da feira galega a este evento.<\/p>\n Unha participaci\u00f3n para a que conta na illa cun equipo da Feira Internacional de Galicia ABANCA encabezado polo seu director, Ricardo Dur\u00e1n, que ademais de atender aos visitantes no stand, est\u00e1 a levar a cabo visitas aos produtores e entidades presentes no certame.<\/p>\n Aposta por promocionarse noutras feiras<\/strong><\/p>\n A presenza en Saborea La Palma reflicte a aposta da entidade feiral por acudir a outros eventos como unha das ferramentas m\u00e1is efectivas para sumar novas empresas na s\u00faa mostra, xa que as visitas e participaci\u00f3ns noutras citas achegan a metade dos novos expositores de Salimat Abanca. Ademais de Saborea La Palma e Aut\u00e9ntica Premium Food, a feira participa noutros moitos certames, como Alimentaria, en Barcelona; Gourmets, en Madrid; Gastr\u00f3noma, en Valencia; Gustoko, en Bilbao; Alicante Gastron\u00f3mica, en Alacante; ou Xantar, en Ourense.<\/p>\n Con estas acci\u00f3ns pret\u00e9ndese dar a co\u00f1ecer as vantaxes de participar nunha feira que experimentou un gran crecemento nos \u00faltimos anos, como \u00e9 Salimat Abanca. As\u00ed, tras a cita de 2025, na que sumou 288 expositores directos entre os que destacou un maior car\u00e1cter internacional, chega \u00e1 s\u00faa 29\u00aa convocatoria co obxectivo de superarse como punto de encontro do sector alimentario e gastron\u00f3mico.<\/p>\n Negocio, innovaci\u00f3n e intercambio de co\u00f1ecementos ser\u00e1n os piares deste certame, que potenciar\u00e1 as s\u00faas fortalezas a trav\u00e9s dunha atractiva mostra e unha ampla programaci\u00f3n. Nesta \u00faltima destacar\u00e1n os Encontros Internacionais de Compradores, ademais de showcookings, catas, presentaci\u00f3ns e o seu espazo de novos produtos Alinova.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" EST\u00c1 PRESENTE CUN STAND NESTA FEIRA INSULAR DE GASTRONOM\u00cdA, A CAL SE CELEBRA HOXE E MA\u00d1\u00c1 EN LOS LLANOS DE ARIDANE O CERTAME GALEGO TER\u00c1 LUGAR NA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA DO 4 AO 7 DE XU\u00d1O DO VINDEIRO ANO Silleda, 26 de setembro de 2025.- O Sal\u00f3n de Alimentaci\u00f3n do Atl\u00e1ntico, Salimat Abanca, … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3783,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"acf":[],"yoast_head":"\n