{"id":3822,"date":"2025-10-27T13:27:26","date_gmt":"2025-10-27T13:27:26","guid":{"rendered":"https:\/\/salimat.es\/el-salon-de-alimentacion-salimat-abanca-anade-gastronoma-a-la-intensa-promocion-ferial-de-su-edicion-2026-que-sera-del-4-al-7-de-junio\/"},"modified":"2025-10-28T13:38:21","modified_gmt":"2025-10-28T13:38:21","slug":"el-salon-de-alimentacion-salimat-abanca-anade-gastronoma-a-la-intensa-promocion-ferial-de-su-edicion-2026-que-sera-del-4-al-7-de-junio","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/salimat.es\/gl\/el-salon-de-alimentacion-salimat-abanca-anade-gastronoma-a-la-intensa-promocion-ferial-de-su-edicion-2026-que-sera-del-4-al-7-de-junio\/","title":{"rendered":"O sal\u00f3n de alimentaci\u00f3n Salimat Abanca engade Gastr\u00f3noma \u00e1 intensa promoci\u00f3n feiral da s\u00faa edici\u00f3n 2026, que ser\u00e1 do 4 ao 7 de xu\u00f1o"},"content":{"rendered":"
Silleda, 27 de outubro de 2025.- <\/em><\/strong>A Feira Internacional de Galicia ABANCA participa dende onte e ata ma\u00f1\u00e1 na Feira Gastron\u00f3mica do Mediterr\u00e1neo, Gastr\u00f3noma 2025, a cal celebra en Valencia o seu d\u00e9cimo aniversario.<\/p>\n Esta presenza responde \u00e1 promoci\u00f3n do seu 29\u00ba Sal\u00f3n de Alimentaci\u00f3n do Atl\u00e1ntico, Salimat Abanca, o cal ter\u00e1 lugar do 4 ao 7 de xu\u00f1o de 2026 no recinto feiral, de forma paralela \u00e1 48\u00ba Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.<\/p>\n Salimat Abanca acode a este evento cun espazo no stand que a Conseller\u00eda do Mar ten neste certame valenciano, no que tam\u00e9n est\u00e1 presente con stand propio a Conseller\u00eda do Medio Rural. Unha notoria presenza que d\u00e1 protagonismo \u00e1 Comunidade galega no evento e da que a Feira Internacional de Galicia ABANCA foi precursora, coa s\u00faa participaci\u00f3n no ano 2019, cando acudiu cin stand no que tam\u00e9n daba cabida a cinco produtores.<\/p>\n Esta participaci\u00f3n responde ademais a unha estreita relaci\u00f3n entre a entidade feiral galega e Valencia, comunidade que xa ten figurado entre os expositores de Salimat Abanca. Unha presenza de produtores valencianos que, \u00e1 vista dos contactos mantidos ata o de agora nesta edici\u00f3n de Gastr\u00f3noma, esp\u00e9rase que sexa nutrida na vindeira edici\u00f3n de Salimat Abanca.<\/p>\n Un equipo da Feira Internacional de Galicia ABANCA, co seu director, Ricardo Dur\u00e1n, \u00e1 cabeza, \u00e9 o encargado tanto de informar sobre Salimat Abanca 2026 no seu espazo como de visitar a outros expositores da feira.<\/p>\n Salimat Abanca, nunha decena de feiras<\/strong><\/p>\n A presenza en Gastr\u00f3noma s\u00famase a unha intensa difusi\u00f3n de Salimat Abanca 2026 noutras feiras. Un tipo de promoci\u00f3n que responde \u00e1 gran efectividade para sumar novas empresas na s\u00faa exposici\u00f3n e que sup\u00f3n que a Feira Internacional de Galicia ABANCA dese a co\u00f1ecer esta edici\u00f3n da feira ou vaia a facelo ata a s\u00faa celebraci\u00f3n nunha decena de eventos. Entre eles, Saborea La Palma, Aut\u00e9ntica Premium Food, en Sevilla; Alimentaria, en Barcelona; Gourmets, en Madrid; Gustoko, en Bilbao; Alicante Gastron\u00f3mica, en Alacante; ou Xantar, en Ourense.<\/p>\n Con estas acci\u00f3ns pret\u00e9ndese dar a co\u00f1ecer as vantaxes de participar nunha feira que experimentou un gran crecemento nos \u00faltimos anos. As\u00ed, tras a cita de 2025, na que Salimat Abanca sumou 288 expositores directos, chega \u00e1 s\u00faa 29\u00aa convocatoria co obxectivo de superarse como punto de encontro do sector alimentario e gastron\u00f3mico.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" PARTICIPA CUN ESPAZO NO STAND QUE A CONSELLER\u00cdA DO MAR TEN NESTE CERTAME VALENCIANO, O CAL CELEBRA A S\u00daA D\u00c9CIMA EDICI\u00d3N DENDE ONTE E ATA MA\u00d1\u00c1 A FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA VOLVE AS\u00cd UNHA VEZ M\u00c1IS A UNHA CITA NA QUE TEN SIDO PRECURSORA EN CANTO A PARTICIPACI\u00d3N GALEGA, XA QUE EN 2019 CONTOU … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3820,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"acf":[],"yoast_head":"\n