{"id":3887,"date":"2026-04-13T12:37:54","date_gmt":"2026-04-13T12:37:54","guid":{"rendered":"https:\/\/salimat.es\/el-salon-salimat-abanca-vuelve-a-mostrar-en-gourmets-su-atractivo-como-punto-de-encuentro-alimentario-y-gastronomico\/"},"modified":"2026-04-13T12:40:40","modified_gmt":"2026-04-13T12:40:40","slug":"el-salon-salimat-abanca-vuelve-a-mostrar-en-gourmets-su-atractivo-como-punto-de-encuentro-alimentario-y-gastronomico","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/salimat.es\/gl\/el-salon-salimat-abanca-vuelve-a-mostrar-en-gourmets-su-atractivo-como-punto-de-encuentro-alimentario-y-gastronomico\/","title":{"rendered":"O sal\u00f3n Salimat Abanca volve mostrar en Gourmets o seu atractivo como punto de encontro alimentario e gastron\u00f3mico"},"content":{"rendered":"
Silleda, 13 de abril de 2026.- <\/em><\/strong>O Sal\u00f3n de Alimentaci\u00f3n do Atl\u00e1ntico, Salimat Abanca, contin\u00faa coa intensa promoci\u00f3n que est\u00e1 a levar a cabo da s\u00faa 29\u00aa edici\u00f3n, a cal ter\u00e1 lugar do 4 ao 7 de xu\u00f1o deste ano xunto \u00e1 Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.<\/p>\n Unha difusi\u00f3n para a s\u00faa convocatoria de 2026 na que a presenza en eventos do sector ten gran peso, e que a levou xa a numerosas citas feirais por toda a xeograf\u00eda espa\u00f1ola, como A Palma, Sevilla, Valencia, Barcelona, Madrid ou Ourense.<\/p>\n Unha participaci\u00f3n en feiras que sup\u00f3n unha das ferramentas m\u00e1is efectivas para sumar novos expositores e que sup\u00f3n \u00e1 s\u00faa presenza estes d\u00edas na Feira Internacional de Alimentaci\u00f3n e Bebidas de Calidade, Gourmets, a cal celebra a s\u00faa 39\u00aa edici\u00f3n dende hoxe e ata o vindeiro xoves en Madrid.<\/p>\n A feira galega acode a este evento baixo o paraugas da Xunta de Galicia, dispo\u00f1endo dun espazo no stand que a Conseller\u00eda do Mar ten neste certame. Ademais, est\u00e1 presente un equipo da Feira Internacional de Galicia ABANCA encabezado polo seu director, Ricardo Dur\u00e1n, tanto para atender os visitantes como para visitar a moitas das empresas e entidades presentes.<\/p>\n Salimat Abanca est\u00e1 a dar a co\u00f1ecer no seu espazo as vantaxes de participar nunha feira imparable nos \u00faltimos anos que aposta por seguir medrando. As\u00ed, tras a cita de 2025, na que conseguiu a s\u00faa segunda maior cifra de expositores, con 288 empresas e entidades presentes, chega \u00e1 s\u00faa 29\u00aa convocatoria co obxectivo de superarse como punto de encontro do sector alimentario e gastron\u00f3mico.<\/p>\n Turexpo e Abanca Semana Verde<\/strong><\/p>\n Ademais do Sal\u00f3n de Alimentaci\u00f3n do Atl\u00e1ntico, neste espazo expositivo ten presenza a 48\u00aa Feira internacional Abanca Semana Verde de Galicia, o emblem\u00e1tico certame multisectorial no que se enmarca Salimat Abanca, e tam\u00e9n o XV Turexpo Galicia, sal\u00f3n paralelo co que se xerar\u00e1 unha sinerx\u00eda \u00fanica entre o sector alimentario e o tur\u00edstico e potenciarase a estreita relaci\u00f3n entre gastronom\u00eda e destino con oportunidades de colaboraci\u00f3n e promoci\u00f3n conxunta.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" PARTICIPA CUN ESPAZO NO STAND QUE A CONSELLER\u00cdA DO MAR TEN NESTA FEIRA INTERNACIONAL DE ALIMENTACI\u00d3N E BEBIDAS DE CALIDADE, A CAL SE CELEBRA EN MADRID DENDE HOXE E ATA O VINDEIRO XOVES O CERTAME GALEGO, QUE TER\u00c1 LUGAR NA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA DO 4 AO 7 DE XU\u00d1O, EST\u00c1 REALIZANDO UNHA INTENSA … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3885,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"acf":[],"yoast_head":"\n