{"id":3942,"date":"2026-05-21T08:32:54","date_gmt":"2026-05-21T08:32:54","guid":{"rendered":"https:\/\/salimat.es\/la-feria-salimat-abanca-2026-no-entiende-de-fronteras-y-cita-a-compradores-alimentarios-de-15-paises-y-tres-continentes-para-hacer-negocio\/"},"modified":"2026-05-21T09:57:34","modified_gmt":"2026-05-21T09:57:34","slug":"la-feria-salimat-abanca-2026-no-entiende-de-fronteras-y-cita-a-compradores-alimentarios-de-15-paises-y-tres-continentes-para-hacer-negocio","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/salimat.es\/gl\/la-feria-salimat-abanca-2026-no-entiende-de-fronteras-y-cita-a-compradores-alimentarios-de-15-paises-y-tres-continentes-para-hacer-negocio\/","title":{"rendered":"A feira Salimat Abanca 2026 non entende de fronteiras e cita a compradores alimentarios de 15 pa\u00edses e tres continentes para facer negocio"},"content":{"rendered":"
Silleda, 21 de maio de 2026.- <\/em><\/strong>O Sal\u00f3n de Alimentaci\u00f3n do Atl\u00e1ntico, Salimat Abanca, que celebrar\u00e1 a s\u00faa 29\u00aa edici\u00f3n do 4 ao 7 de xu\u00f1o xunto \u00e1 feira Abanca Semana Verde, volver\u00e1 desenvolver os seus Encontros Internacionais de Compradores, un espazo de negocio que permite \u00e1s empresas presentes abrir v\u00edas de exportaci\u00f3n, diversificar mercados e xerar contactos comerciais de alto valor nun curto espazo de tempo.<\/p>\n Nesta ocasi\u00f3n os expositores do sal\u00f3n ter\u00e1n a oportunidade de mostrar os seus produtos a 31 importadores e distribuidores alimentarios de quince pa\u00edses e tres continentes, como son Austria, B\u00e9lxica, Canad\u00e1, Colombia, Espa\u00f1a, Emiratos \u00c1rabes, Estados Unidos, Irlanda, M\u00e9xico, Panam\u00e1, Reino Unido, Rep\u00fablica Checa, Roman\u00eda, Su\u00edza e, como debutante, Honduras.<\/p>\n O peso dos compradores internacionais aumenta nesta edici\u00f3n respecto \u00e1s anteriores. As\u00ed, deles, vinte e seis son importadores e os restantes son compradores nacionais, correspond\u00e9ndose con cinco importantes cadeas de distribuci\u00f3n alimentaria espa\u00f1olas ou con presenza no pa\u00eds como son Carrefour, Gadisa, El Corte Ingl\u00e9s, Lidl e, por primeira vez, a reco\u00f1ecida empresa galega Grupo Cuevas.<\/p>\n Na s\u00faa inmensa maior\u00eda mostraron a s\u00faa preferencia en co\u00f1ecer aceites, vi\u00f1os e outras bebidas, queixos e l\u00e1cteos, conservas de peixe, elaborados c\u00e1rnicos, snacks ou mel, ademais de produtos gourmet, ecol\u00f3xicos e de pequenos produtores.<\/p>\n Estes Encontros Internacionais de Compradores de Salimat Abanca 2026, os cales contan co apoio do Instituto Galego de Promoci\u00f3n Econ\u00f3mica (IGAPE) e a colaboraci\u00f3n do Cl\u00faster Alimentario de Galicia (Clusaga), posibilitar\u00e1n \u00e1s empresas presentar directamente os seus produtos aos compradores a trav\u00e9s de reuni\u00f3ns axendadas en funci\u00f3n dos intereses de ambas as partes. Estas ser\u00e1n durante todo o primeiro d\u00eda e ata o mediod\u00eda da segunda xornada do certame.<\/p>\n Son as\u00ed unha eficaz ferramenta comercial, especialmente para a pequena e mediana empresa, a cal ten a posibilidade de establecer relaci\u00f3ns directas con potenciais clientes para que as s\u00faas propostas sexan inclu\u00eddas na carteira de produtos dos compradores e os lineais da gran distribuci\u00f3n. Ademais, contrib\u00faen a impulsar a s\u00faa competitividade nun contexto cada vez m\u00e1is globalizado.<\/p>\n Visitas en distintos puntos de Galicia<\/strong><\/p>\n Ademais das reuni\u00f3ns de negocio, os Encontros Internacionais de Compradores incluir\u00e1n desde o venres 5 de xu\u00f1o pola tarde e ata o domingo d\u00eda 7 de xu\u00f1o pola ma\u00f1\u00e1 unha actividade na que participar\u00e1n moitos dos importadores e distribuidores. Esta consistir\u00e1 en visitas a varias empresas galegas e tam\u00e9n a distintos enclaves tur\u00edsticos de interese da Comunidade.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" OS EXPOSITORES DESTE SAL\u00d3N DE ALIMENTACI\u00d3N REUNIRANSE CON 31 COMPRADORES NACIONAIS E INTERNACIONAIS DURANTE O PRIMEIRO D\u00cdA E MEDIO DO CERTAME, O CAL SE CELEBRAR\u00c1 DO 4 AO 7 DE XU\u00d1O XUNTO \u00c1 FEIRA ABANCA SEMANA VERDE DE GALICIA Silleda, 21 de maio de 2026.- O Sal\u00f3n de Alimentaci\u00f3n do Atl\u00e1ntico, Salimat Abanca, que celebrar\u00e1 … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3940,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"acf":[],"yoast_head":"\n