{"id":3967,"date":"2026-05-31T09:16:36","date_gmt":"2026-05-31T09:16:36","guid":{"rendered":"https:\/\/salimat.es\/bombones-de-queso-y-vino-aceite-infusionado-con-chocolate-dubai-o-tarta-con-harina-de-pistacho-entre-las-innovaciones-de-salimat-abanca-2026\/"},"modified":"2026-05-31T09:21:05","modified_gmt":"2026-05-31T09:21:05","slug":"bombones-de-queso-y-vino-aceite-infusionado-con-chocolate-dubai-o-tarta-con-harina-de-pistacho-entre-las-innovaciones-de-salimat-abanca-2026","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/salimat.es\/gl\/bombones-de-queso-y-vino-aceite-infusionado-con-chocolate-dubai-o-tarta-con-harina-de-pistacho-entre-las-innovaciones-de-salimat-abanca-2026\/","title":{"rendered":"Bomb\u00f3ns de queixo e vi\u00f1o, aceite infusionado con chocolate Dub\u00e1i ou tarta con fari\u00f1a de pistacho, entre as innovaci\u00f3ns de Salimat Abanca 2026"},"content":{"rendered":"
Silleda, 31 de maio de 2026.- <\/em><\/strong>O 29\u00ba Sal\u00f3n de Alimentaci\u00f3n do Atl\u00e1ntico, Salimat Abanca 2026, o cal se celebrar\u00e1 do 4 ao 7 de xu\u00f1o de forma paralela \u00e1 Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, contar\u00e1 na s\u00faa \u00e1rea Alinova con cincuenta innovadores produtos alimentarios.<\/p>\n Esta zona dedicada \u00e1s novidades ser\u00e1 un importante escaparate para os expositores ante o consumidor final e tam\u00e9n os profesionais do sector. Ademais, as empresas fabricantes amosar\u00e1n estes produtos nos seus stands.<\/p>\n Nesta edici\u00f3n, en Alinova estar\u00e1 moi presente o aceite de oliva virxe extras, con propostas como un AOVE infusionado con chocolate Dub\u00e1i, novas li\u00f1as ecol\u00f3xicas entre as que tam\u00e9n figura algunha elaborada con variedades arcaicas, aceite temper\u00e1n variedade picual, premium, elaborado exclusivamente con variedade arbequina de olivas ou mesmo con olivas colleitadas en estado de envero (etapa na que os froitos cambias de cor e pasan de crecemento a maduraci\u00f3n).<\/p>\n Tam\u00e9n ser\u00e1n numerosas as bebidas, como un innovador verm\u00fa mesturado e distintos vi\u00f1os, entre eles un verdejo 100% con aromas varietais a flores brancas, azar e xasm\u00edn, un novo tinto do D.O Toro e outro artes\u00e1n de La Palma, un da D.O Arribes, un de colleita especial limitada de 1960 botellas de cepas centenarias ou un branco ecol\u00f3xico con crianza sobre leas en foudre de carballo franc\u00e9s. E respecto a l\u00e1cteos, os protagonistas ser\u00e1n os queixos, como os de cabra e cabra curado con pistachos.<\/p>\n Entre os produtos m\u00e1is doces haber\u00e1 propostas como crema doce de aceite de oliva virxe extras, unha edici\u00f3n limitada de mel de breixo, bomb\u00f3ns de queixo zamorano, vi\u00f1o tinto de crianza e aceite de oliva virxe extra de Arribes, e tam\u00e9n novo formato de pastas do Cami\u00f1o sen ingredientes animais. Sumaranse unha torta elaborada cun 30% de fari\u00f1a de pistacho, marmelada elaboradora a partir de pulpa de uva Pedro Xim\u00e9nez, marmelada de aceite de oliva virxe extra picual e pionono cremoso de queixo con boletus e mel de cana. Non faltar\u00e1n as conservas, con novas propostas de pemento asado con at\u00fan, shitake en escabeche suave e lixeiro que resalta o sabor do cogomelo xunto coa cebola e a cenoria, dous novos blocs de foie de pato, un deles de landas franceses con trufa negra de Soria, e tam\u00e9n pat\u00e9 con perdiz, d\u00e1tiles e gelee de tomate.<\/p>\n Por outra banda, atoparanse produtos como crema de allobranco ou de pistacho, finas l\u00e1minas de trufa negra ao punto de sal de Soria, maz\u00e1 de produci\u00f3n propia deshidratada, cogomelos deshidratados en diferentes kits con garavanzos ou risotto e tam\u00e9n froita liofilizada. Engadiranse novas tostas de pan elaboradas con fari\u00f1a de trigo e aceite de oliva virxe extras, xelea a base de aove, vinagre de crianza de 27 anos elaborado mediante m\u00e9todo tradicional con uva Pedro Xim\u00e9nez, solombo afumado con le\u00f1a de carballo recuberto de masa de chourizo extras e embutido en tripa natural,\u00a0 garavanzo lechal con novo envase de papel kfrat ou aceite corporal elaborado con aove da Sierra de Segura.<\/p>\n Preto de 40 empresas en Alinova<\/strong><\/p>\n Ser\u00e1n preto de 40 as empresas que expor\u00e1n nesta \u00e1rea as innovaci\u00f3ns creadas nas s\u00faas instalaci\u00f3ns no \u00faltimo ano, moitas das cales ser\u00e1n presentadas por primeira vez ao mercado en Salimat Abanca 2026.<\/p>\n Estas compa\u00f1\u00edas lanzan as s\u00faas novidades baixo as marcas 555 Aove \u2013 Almazara Terraverne, Aceites Renacer, Aceite Romero Verde, Aires, Aceites Tierra Santo Tom\u00e9, Al Lio, Anaut, Bocabra\u00f1as, Bodega Casalobos, Bodega Mergus, Castillo de Moriles, Chocolate Refart, Do\u00f1a Amelia, Ecoespora, Embutidos Garc\u00eda Marcos, Espora Gourmet, Finca Villaveza, Finca Yerro-Bodega Dalmacio Gallego, Fusiolive, Huerta y Mar, La Mela 830 Guarda, Malvas\u00eda, Mezcladito-Magerit, Miluma, Mirador de Segura, Myk\u00e9s Gourmet, Olivodesoria, Piedra Luenga, Pistajara, Quinta de Mil, Real Carolina, Sabor de Fronteras, Sanolive-Potos\u00ed 10, Terras de Asorei, Vida Perra e Viriatus Verdejo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" AMOSARANSE NA \u00c1REA DE NOVOS PRODUTOS ALINOVA, A CAL PODE VERSE DURANTE TODOS OS D\u00cdAS DESTE 29\u00ba SAL\u00d3N DE ALIMENTACI\u00d3N DO ATL\u00c1NTICO, DO 4 AO 7 DE XU\u00d1O Silleda, 31 de maio de 2026.- O 29\u00ba Sal\u00f3n de Alimentaci\u00f3n do Atl\u00e1ntico, Salimat Abanca 2026, o cal se celebrar\u00e1 do 4 ao 7 de xu\u00f1o de … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3965,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"acf":[],"yoast_head":"\n