Tanto se eres un profesional do sector, un amante da gastronomía ou unicamente un consumidor interesado en produtos de calidade, descubrirás todas as posibilidades que este certame che regala.
Descarga aquí o programa da feira (*.pdf)
Unha das principais exposicións agroalimentarias a nivel nacional onde descubrir, probar e adquirir produtos exquisitos de todas as rexións e mercados, resolver calquera dúbida cos propios produtores, atopar socios ou provedores…
Un espazo central na feira polo que pasarán chefs de recoñecido prestixio para achegar en directo a súa cociña ao gran público.
Este novo espazo converteuse nun lugar protagonista na feira no que poderás descubrir produtos de altísima calidade, así como as súas historias, os seus procesos e todas as posibilidades que ofrecen.
Talleres educativos, xornadas técnicas e catas conforman un variado programa con temáticas e actividades que irán dirixidas a todos os perfís de visitantes.
Unha galería para deixarse sorprender por todas as novidades presentes na feira e que acaparará de nuevo todos os focos do público, visitantes profesionais e medios.
Cada ano os expositores supéranse coas orixinais propostas nos seus stands para captar a atención do público e dos profesionais, e dar a coñecer os seus produtos.
Os campionatos máis orixinais daranse cita no certame, co gallo de recoñecer a excepcional calidade dos produtos presentes na feira.
Domingo 5 de xuño de 2022 ás 12.00 h.
Bases de participación (*.pdf)
Desde as tradicionais “pulpeiras” a unha ampla variedade de propostas, que permitirán experimentar por que unha feira en Galicia é tamén sinónimo de gastronomía.
Compradores nacionais e internacionais, representantes da canle horeca, tendas gourmet e a gran distribución agárdante nos Encontros de Negocio SALIMAT ABANCA.
Feira Internacional de Galicia ABANCA
Avda. Recinto Feiral S/N.
36540 Silleda - Pontevedra - España
tfn 986 577 000
mail salimat@feiragalicia.com