- AMOSARANSE NA ÁREA DE NOVOS PRODUTOS ALINOVA, A CAL PODE VERSE DURANTE TODOS LS DÍAS DESTE SALÓN, DO 2 AO 5 DE XUÑO
O 25º Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca 2022, o cal se celebrará do 2 ao 5 de xuño de forma paralela á Feira Internacional Abanca Semana Verde, contará na súa área Alinova con 80 innovadores produtos alimentarios.
Esta zona dedicada ás novidades será un importante escaparate para os expositores ante o consumidor final e tamén os profesionais do sector. Ademais, as empresas fabricantes mostrarán estes produtos nos seus stands.
Nesta edición, en Alinova estarán moi presentes os produtos doces, como chocolates 70% con pigmentación natural rosa e chocolates 75% con chourizo ou xamón, galletas ecolóxicas de nata, novos bocados de noz e arandos, estoxos de bombóns que combinan cinco tipos de chocolate, doce de leite galego artesanal, alfajores artesáns de améndoas, empanadillas de cabelo de anxo, cremas de mel, novas variedades de pastas tradicionais, pastel de follado recheo de crema de chocolate con abelás, follados de Astorga únicos por non levar azucres engadidos, xemas trufadas, galletas con fariña de castaña, bica de castaña ou marmelada de flor de sabugueiro.
Tamén destacarán as bebidas, como viño de variedade espadeiro, novos albariños e godellos, viños doces elaborados con verdejo, gin premium tridestilado con once botánicos diferentes, cervexa ecolóxica sen alcol negra ou elaborada con ingredientes 100% galegos, novos licores, zume concentrado de sabugueiro, viños da primeira adega galega que obtivo o certificado de viño vegano, refrescos alcohólicos a partir da fermentación de azucre de cana, cava gourmet ou hidromel.
Tamén se mostrarán numerosas conservas, como mexillóns fritos en aceite de oliva virxe extra, paté de bonito con trufa negra e alcachofas, de centola con mexillóns ecolóxicos ou de bacallau con mazá confeitada, unha crema de pementos e castañas ou petisco de queixo de ovella rodeado con chacina mergullados en aceite.
En canto aos aceites, haberá un oliva virxe extra ecolóxico de recolección temperá de alta montaña e outro con aroma a tomateira e folla de oliveira, aceites galardoados ou recoñecidos internacionalmente polo seu aroma e sabor, procedentes de Agricultura de Produción Integrada ou a primeira marca de virxe extra rexistrada en apoio ao colectivo LGTBIQ+.
Tamén terán presenza os cárnicos e embutidos, podendo descubrir salchichón con pistachos ou cogomelos, novas chacinas, sobrasada artesanal ou elaborada exclusivamente con pemento DOP La Vera ou lombo de porco de campo perfecto para tapas selectas. E non faltarán os lácteos, como queixos crema con trufa negra, de cabra confeitados con sabores especiais ou variedades con estrugas, noces e arandos.
Por outra banda, atoparanse produtos como xeados ecolóxicos e tamén xeados artesáns sabor mostaza ou queixo azul, pan certificado Pan Galego con masa nai e trigo autóctono Caaveiro ou un supercondimento a base de auga de mar, vinagre de mazá, sirope de agave e froitas. Sumaranse os primeiros caldos tanto naturais de verza envasado en brik como de ave da raza Galiña de Mos, pratos elaborados veganos, café coado en frío, conxelado de volandeira á galega, hamburguesas premium veganas elaboradas con mini vexetais ou salsas, como unha picante de jalapeño maduro 100% natural e outra de trufa e allo negro.
Máis de 60 empresas
Serán más de 60 as empresas que exporán produtos exclusivos producidos nas súas instalacións, moitos dos cales serán presentados por primeira vez ao mercado en Salimat Abanca 2022.
Estas compañías lanzan as súas novidades baixo as marcas The Bio Factory, Aboamigalla, Terra de Asorei ‘Espadeiro’, Agrisanz, Aneto Natural, Arte Oleum, Os Areeiros, Atlancitc Xeltzer, Viña Abad Summum, Bodega Solotero, Media Vuelta, Antojo, 500 Noches, Bodegosa, Capitán Alga, Cárnicas Ortín, Cárnicas Tavito, Celebridade Galega, Chocolates Santocildes, Churras da Caneira Avicultura Artesanal, Coffee Labora, El Henazar, Monteoliva Oro, Bico de Xeado, Devegan Premium, F.R.A. Molino Don Félix, Cavas Hill Panot Gaudi, Frigoríficos Mar da Pobra, Gallegas de Nata, Galletas Xianas, La Parcela, Oh! Early Harvest, Hidromel Fenrir Galicia, Toupiña, La Alcancía, La Fragua, Dulce de Leche “Casa Baltar”, Los Sabores del Camino, Siccas, Manjares de la Tierra, Mantecados La Joya de Antequera, Marcelino Ibéricos, Miel de León, Makarpy, Ornal, Nazaré Hojaldrería, A Troula de Asolagados, Milagritos, Aceite La Masada Roya, Quesería Gaia, Queixos A Montaña de Entrimo, La Curiosa, Reino de León, Rodi Gourmet, Oro Magnasur, Virrey, Birurim-Sierra las Villas, Doctor Salsas, Sofragal, La Laguna BIB 3L, Carabuñas, Vía Romana e Zuheroliva Orgullosa.