Warning: Declaration of ElementorPro\Modules\Payments\Classes\Payment_Button::render_button($tag = 'a') should be compatible with Elementor\Widget_Button::render_button(Elementor\Widget_Base $instance = NULL) in /home/s08aa0d9/public_html/salimat.es/2022/wp-content/plugins/elementor-pro/modules/payments/classes/payment-button.php on line 16
Expositores - Feria Salimat Abanca 2022

Expositores

salimat

SALIMAT ABANCA

Queres coñecer os expositores que xa confirmaron a súa presenza?

Aquí puedes descargar o pdf

salimat
Queres acompañarnos como expositor?

Un escaparate perfecto no que terán cabida tódolos axentes destacados do sector.

COmo ser expositor

formulario-contacto

Despois de consultar o DOSSIER da feira, podes enviarnos o BOLETÍN de Participación perfectamente cuberto como mostra do teu interese en formar parte do noso Certame.

documentacion

Confirmarémosche a recepción da túa reserva de espazo e farémoche chegar toda a documentación necesaria para completar o proceso e coñecer tódalas túas necesidades.

presupuesto

Como paso final do proceso, enviarémosche un orzamento perfectamente detallado para que poidas aprobalo.

precios

Consulta as TARIFAS de 
SERVIZOS 
feirais para preparar o teu stand.

salimat

Oportunidades

¡Non o dubides e aproveita tódalas oportunidades que SALIMAT ABANCA pon á túa disposición!

aumenta-tu-visibilidad

Móstrate e faite protagonista

Usa os diferentes ESPAZOS SALIMAT que a Organización pon ao teu dispor de forma totalmente gratuíta para presentar os teus produtos e serás un actor principal da feira.

sorprende-y-diferenciate

Presenta as túas novidades en Alinova

Este exclusivo espazo está pensado para facer destacar esa novidade na que traballaches tanto nos últimos meses. Convértea nunha estrela do salón.

participa-gana

Xera marca e diferénciate

Se valente, xera marca e destaca entre a túa competencia investindo na túa presenza e realizando accións que impacten no público visitante.

fideliza-clientes

Seduce e fideliza aos teus clientes

Gaña aos teus clientes e préstalles un trato diferencial e exclusivo. É o evento idóneo para que poidas estreitar esas relacións.

visualiza-el-futuro

Ensina e pon valor ao teu produto

A feira é o marco perfecto para dar a coñecer os teus produtos, as súas características e o proceso de produción. Miles de profesionais e consumidores queren coñecer a túa historia e saber por que es único.

vende

Vende, vende e volve vender

Máis de 125.000 visitantes están a desexar probar e comprar os teus produtos. Se encaixa na túa estratexia de mercadotecnia, xera un importante volume de vendas en feira e/ou explora todas as posibilidades de convertelos en fieis compradores e prescritores futuros.

nego

Relaciónache e fai contactos de calidade

Xera novos contactos de interese para o teu negocio. Potenciais clientes, distribuidores e colaboradores están a agardarte.

evalua-sondea

Investiga e testea os teus produtos

Mostra os teus produtos a profesionais e a consumidores, e obtén o seu feedback e as súas opinións de primeira man. As feiras son o laboratorio perfecto para facer investigacións de mercado.

hazte-protagonista

Impacta e promociónate

Aproveita a espectacular cobertura mediática que terá a feira para organizar todo tipo de accións que reforcen a túa marca e lle dean notoriedade. Prensa especializada e bloggers gastronómicos estante a buscar.

llena-tu-agenda

Participa nos seus ENCONTROS INTERNACIONAIS DE NEGOCIO

salimat

ENCONTROS INTERNACIONAIS DE NEGOCIO

Compradores nacionais e internacionais, representantes da canle horeca, tendas gourmet e a gran distribución agárdante nos Encontros de Negocio SALIMAT ABANCA.

Un formato pioneiro e afamado que se converteu nunha cita ineludible para os nosos expositores e que leva moitísimos anos xerando fantásticas oportunidades para que en empresas como a túa iniciedes ou consolidedes o voso proceso de internacionalización ou de desenvolvemento comercial.

En 2019 celebráronse 1.500 reunións con 29 compradores de 17 países. En 2021, a pesar das importantes restricións na mobilidade internacional, axendáronse 600 reunións con 18 profesionais convidados procedentes de 8 países. E en 2022 seguirase apostando por fortalecer e incrementar dunha forma moi importante esta actividade estrela:

> Será de novo unha selección de primeiro nivel: adaptada ás características das empresas e dos produtos presentes na feira.

> O interese de ámbalas dúas partes funcionará como sempre como premisa: as túas reunións axendaranse cruzando os teus intereses cos dos compradores e así mellorar a súa eficacia.

Multitude de contactos: como expositor terás a oportunidade de mostrar os teus produtos e reunirte con decenas de profesionais interesados.

Sen custo adicional: só por ser expositor accede de forma gratuíta a estes encontros.

E se ademais contas con proxectos de turismo industrial, enoturismo, oleoturismo, etc… participa na BOLSA DE CONTRATACIÓN do Salón Turístico TUREXPO GALICIA, que se celebra de forma paralela.

Máis de 50 operadores de turismo nacionais e internacionais buscan experiencias únicas como a que ti lles podes ofrecer para completar a súa oferta nun dos programas de encontros B2B máis recoñecidos a nivel nacional no sector do turismo.