Visitantes

SALIMAT ABANCA
¿Quen nos visitará?
En 2019 un total de 128.066 persoas visitaron o certame, e en 2021, nunha cita marcada pola pandemia e o cambio de datas, foron 57.000 os visitantes. Unhas cifras que converten e consolidan a SALIMAT ABANCA como unha ferramenta de mercadotecnia e xeración de negocio espectacular, e alcanzando un impacto real único.
Fundamentalmente son consumidores finais aos que a crise sanitaria axudounos a poñelos en valor como:

Esixentes prescritores do teu produto no lineal dun supermercado

Extraordinarios embaixadores da túa marca na mesa dun restaurante ou na barra dun bar

Fieis clientes da túa canle online

Motivados aspirantes a chef que na súa cociña traballan con mimo o teu produto

Avezados foodies que buscan o mellor nesas tendas gourmet nas que estás presente

Esixentes amos e amas de casa dispostos a alimentar aos seus co mellor

Pequenos travesos cun gran poder de decisión de compra
Entre eses visitantes, e fundamentalmente os dous primeiros días de feira, escóndense ademais miles de profesionais do sector que enriquecen enormemente as posibilidades de que empresas como a túa obteñan retorno por moitas vías.

Responsables de tendas gourmet

Gran distribución y distribuidores regionalesGran distribución e distribuidores rexionais

Importadores

Chefs e profesionais da canle horeca

Responsables e técnicos da produción e industria agroalimentaria

Bloggers gastronómicos

Prensa especializada
DATas
2-5 de xuño 2022.
Gratuita
Perfil
Profesional, o xoves e venres.
Localización
Feira Internacional de Galicia.
Abanca - Silleda
(cerca de Santiago de Compostela – España).
Horario
.Xoves e venres: de 10 a 20 h.
Fin de semana: de 10 a 21 h.
Acceso
Gratuito
25a
Edición
Ámbito
Internacional
Frecuencia
Anual