Visitantes

salimat

Salimat Abanca

Quen nos visitará?
Na última edición do salón un total de 102.689 persoas acudiron a coñecer as súas propostas expositivas e participar nas actividades programadas durante os seus catro días de celebración.
Unha extraordinaria afluencia coa que regresou ás cifras propias da feira antes de a pandemia, superando, como entón, os 100.000 visitantes. Unha asistencia que converte a Salimat Abanca nunha ferramenta excepcional para xerar marca e negocio, cun impacto real único.
1-1

Esixentes prescritores do teu produto no lineal dun supermercado 

2

Extraordinarios embaixadores da túa marca na mesa dun restaurante ou na barra dun bar

3

Fieis clientes da túa canle online 

4

Motivados aspirantes a chef que na súa cociña traballan con mimo o teu produto 

5

Avezados foodies que buscan o mellor nesas tendas gourmet nas que estás presente 

6

Esixentes amos e amas de casa dispostos a alimentar aos seus co mellor 

7

Pequenos fedellos cun gran poder de decisión de compra

Os consumidores finais, cun indubidable valor por ostentar a decisión de compra, conforman a esencial deste extenso público, ao que se unen multitude de profesionais que queren coñecer de primeira man as propostas da feira.
8

Responsables de tendas gourmet 

9

Gran distribución e distribuidores rexionais

10

Importadores

11

Chefs e profesionais da canle horeca 

12

Responsables e técnicos da produción e industria agroalimentaria

13

Bloggers gastronómicos 

14

Prensa especializada 

DATAS

5 - 8 de xuño 2025

Perfil

Principalmente profesional os dous primeiros días 
Público xeral a fin de semana

Localización

Feira Internacional de Galicia.
Abanca - Silleda (preto de Santiago de Compostela – España).

Horario

Xoves e venres de 10:00 a 20:00 h. Fin de semana de 10:00 a 21:00 h

Acceso

Gratuito

28a

Edición

Ámbito

Internacional

Frecuencia

Anual