Tanto se é un profesional do sector, un amante da gastronomía ou unicamente un consumidor interesado en produtos de calidade, descubrirá todas as posibilidades que este certame lle regala:
Unha das principais exposicións agroalimentarias a nivel nacional onde descubrir, probar e adquirir produtos exquisitos de todas as rexións e mercados, resolver calquera dúbida cos propios produtores, atopar socios ou provedores…
Un espazo central na feira polo que pasarán chefs de recoñecido prestixio para achegar en directo a súa cociña ao gran público.
Este novo espazo converteuse nun lugar protagonista na feira no que poderás descubrir produtos de altísima calidade, así como as súas historias, os seus procesos e todas as posibilidades que ofrecen.
Talleres educativos, xornadas técnicas e catas conforman un variado programa con temáticas e actividades que irán dirixidas a todos os perfís de visitantes.
Unha galería para deixarse sorprender por todas as novidades presentes na feira e que acaparará de novo todos os focos do público, visitantes profesionais e medios.
Cada ano os expositores supéranse coas orixinais propostas nos seus stands para captar a atención do público e dos profesionais, e dar a coñecer os seus produtos.
Os campionatos máis orixinais daranse cita no certame, coa intención de recoñecer a excepcional calidade dos produtos presentes na feira.
Desde as tradicionais pulpeiras a unha ampla variedade de propostas, que permitirán experimentar por que unha feira en Galicia é tamén sinónimo de gastronomía.
Feira Internacional de Galicia ABANCA
Avda. Recinto Feiral S/N.
36540 Silleda - Pontevedra - España
tfn 986 577 000
mail salimat@feiragalicia.com