Salimat Abanca 2026 promociónase en Madrid Fusión

O salón de alimentación Salimat Abanca, o cal celebrará a súa 29ª edición do 4 ao 7 de xuño na Feira Interacional de Galicia ABANCA, promociónase estes días en Madrid Fusión. O certame galego está presente no espazo institucional que a Consellería do Mar da Xunta de Galicia ten neste evento, o cal se celebra ata mañá en Ifema.