- AMOSARANSE NA ÁREA DE NOVOS PRODUTOS ALINOVA, A CAL PODE VERSE DURANTE TODOS OS DÍAS DESTE 29º SALÓN DE ALIMENTACIÓN DO ATLÁNTICO, DO 4 AO 7 DE XUÑO
Silleda, 31 de maio de 2026.- O 29º Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca 2026, o cal se celebrará do 4 ao 7 de xuño de forma paralela á Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, contará na súa área Alinova con cincuenta innovadores produtos alimentarios.
Esta zona dedicada ás novidades será un importante escaparate para os expositores ante o consumidor final e tamén os profesionais do sector. Ademais, as empresas fabricantes amosarán estes produtos nos seus stands.
Nesta edición, en Alinova estará moi presente o aceite de oliva virxe extras, con propostas como un AOVE infusionado con chocolate Dubái, novas liñas ecolóxicas entre as que tamén figura algunha elaborada con variedades arcaicas, aceite temperán variedade picual, premium, elaborado exclusivamente con variedade arbequina de olivas ou mesmo con olivas colleitadas en estado de envero (etapa na que os froitos cambias de cor e pasan de crecemento a maduración).
Tamén serán numerosas as bebidas, como un innovador vermú mesturado e distintos viños, entre eles un verdejo 100% con aromas varietais a flores brancas, azar e xasmín, un novo tinto do D.O Toro e outro artesán de La Palma, un da D.O Arribes, un de colleita especial limitada de 1960 botellas de cepas centenarias ou un branco ecolóxico con crianza sobre leas en foudre de carballo francés. E respecto a lácteos, os protagonistas serán os queixos, como os de cabra e cabra curado con pistachos.
Entre os produtos máis doces haberá propostas como crema doce de aceite de oliva virxe extras, unha edición limitada de mel de breixo, bombóns de queixo zamorano, viño tinto de crianza e aceite de oliva virxe extra de Arribes, e tamén novo formato de pastas do Camiño sen ingredientes animais. Sumaranse unha torta elaborada cun 30% de fariña de pistacho, marmelada elaboradora a partir de pulpa de uva Pedro Ximénez, marmelada de aceite de oliva virxe extra picual e pionono cremoso de queixo con boletus e mel de cana. Non faltarán as conservas, con novas propostas de pemento asado con atún, shitake en escabeche suave e lixeiro que resalta o sabor do cogomelo xunto coa cebola e a cenoria, dous novos blocs de foie de pato, un deles de landas franceses con trufa negra de Soria, e tamén paté con perdiz, dátiles e gelee de tomate.
Por outra banda, atoparanse produtos como crema de allobranco ou de pistacho, finas láminas de trufa negra ao punto de sal de Soria, mazá de produción propia deshidratada, cogomelos deshidratados en diferentes kits con garavanzos ou risotto e tamén froita liofilizada. Engadiranse novas tostas de pan elaboradas con fariña de trigo e aceite de oliva virxe extras, xelea a base de aove, vinagre de crianza de 27 anos elaborado mediante método tradicional con uva Pedro Ximénez, solombo afumado con leña de carballo recuberto de masa de chourizo extras e embutido en tripa natural, garavanzo lechal con novo envase de papel kfrat ou aceite corporal elaborado con aove da Sierra de Segura.
Preto de 40 empresas en Alinova
Serán preto de 40 as empresas que exporán nesta área as innovacións creadas nas súas instalacións no último ano, moitas das cales serán presentadas por primeira vez ao mercado en Salimat Abanca 2026.
Estas compañías lanzan as súas novidades baixo as marcas 555 Aove – Almazara Terraverne, Aceites Renacer, Aceite Romero Verde, Aires, Aceites Tierra Santo Tomé, Al Lio, Anaut, Bocabrañas, Bodega Casalobos, Bodega Mergus, Castillo de Moriles, Chocolate Refart, Doña Amelia, Ecoespora, Embutidos García Marcos, Espora Gourmet, Finca Villaveza, Finca Yerro-Bodega Dalmacio Gallego, Fusiolive, Huerta y Mar, La Mela 830 Guarda, Malvasía, Mezcladito-Magerit, Miluma, Mirador de Segura, Mykés Gourmet, Olivodesoria, Piedra Luenga, Pistajara, Quinta de Mil, Real Carolina, Sabor de Fronteras, Sanolive-Potosí 10, Terras de Asorei, Vida Perra e Viriatus Verdejo.









