Xeado de polbo, marmelada de oliva e anís ou chocolate con anchoa, entre as preto de 80 innovacións alimentarias de Salimat Abanca

AMOSARANSE NA ÁREA DE NOVOS PRODUTOS ALINOVA, A CAL PODE VERSE DURANTE TODOS OS DÍAS DESTE SALÓN, DO 8 AO 11 DE XUÑO

Silleda, 29 de maio de 2023.- O 26º Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca 2023, o cal se celebrará do 8 ao 11 de xuño de forma paralela á Feira Internacional Abanca Semana Verde, contará na súa área Alinova con preto de 80 innovadores produtos alimentarios.

Esta zona dedicada ás novidades será un importante escaparate para os expositores ante o consumidor final e tamén os profesionais do sector. Ademais, as empresas fabricantes mostrarán estes produtos nos seus stands.

Nesta edición, en Alinova estarán moi presentes os produtos doces, como novas pastas artesás sen glute, doce de fariña de améndoa e marmelo, marmeladas de mango e dátiles, de oliva e anís, de albariño, de cabaza ou de aceite con aroma de laranxa ecolóxica; novas galletas artesás galegas, bombóns que se caracterizan por aireación e elevación crocante, doce de leite topping, galletas de nata de produción ecolóxica que agora se bañan en chocolate negro ou con leite, mel galego en panal extraído das colmeas e trasladada directamente ao cliente ou mel de cana en monodosis e tamén múltiples chocolates artesáns, con pétalos de violeta caramelizados e aceite de oliva virxe extra, con pementa de cayena moída e aceite de oliva virxe extra, con anchoa ou con mojito.

Sumaranse os lácteos, como xeado artesán de polbo, un snack crocante de queixo semicurado, novos iogures con labras de chocolate ou con 12 vitaminas e minerais para os máis pequenos, cremas de queixo elaboradas con queixo de barra ou con queixo San Simón, queixo azul con allo negro ou batidos lácteos cun 35% menos de azucres engadidos.

Tamén se mostrarán bebidas, como licor ronmiel, hidromel, biter bio elaborado con 13 botánicos macerados en sidra, un novo whisky 100% español, viño albariño con nove meses nos seus propias leas 14 meses mínimo en botella e novas cervexas ecolóxicas artesanais sen alcol, vermuts ou viños elaborados a partir de uva albariño.

En canto aos aceites de oliva, haberaos virxe extra colleita temperá, afumados artesanalmente con madeiras ecolóxicas de carballo e faia, da variedade de orixe grega koroneiki e en bag in box, ademais de condimento de aceite de oliva afumado. E respecto ás conservas, destacarán os patés, como o de olivas colleitadas en verde ou o elaborado con Porco Celta, viño treixadura e mel galego de montaña.

Ademais, terán presenza os cárnicos, podendo descubrir embutidos de raza Porco Celta e raza Cachena criados en explotacións extensivas, un salchichón elaborado con carne de vacún de raza Frieiresa e Porco Celta, un xamón de Porco Celta curado 3-4 anos e distintas hamburguesas ecolóxicas, de pito e espinacas ou tenreira e remolacha.

Por outra banda, atoparanse produtos como vinagrillo a base de mel con uva e mazá, tostas de pan seco de sabores como pemento e cebola ou chocolate, cocido leonés listo para comer, salsa natural de jalapeño maduro, millo doce ecolóxico galego, mix de froitas deshidratadas mazá-laranxa-amorodo e mazá-kiwi-amorodo ou un azafrán especial para paellas.

Cerca de 50 empresas

Serán cerca de 50 as empresas que exporán produtos exclusivos producidos nas súas instalacións, motos dos cales serán presentados por primeira vez ao mercado en Salimat Abanca 2023.

Estas compañías lanzan as súas novidades baixo as marcas Raíña, Raizame, Los Albacares, El Gallinero, Doce Bágoa, Aove 555 Mini, Green Sublim, Bico de Xeado, Bodegas Castellun Augusti, Celebridade Galega, Celtagal, Chocolates Santocildes, O Agro-CienPorCel, CienPorCel, El Henazar, Mariñeiras, Ingenio Nuestra Señora del Carmen, Finca Las Malezas, La Huerta de Fresno, Toupiña, La Fragua-La Huerta de Fresno, Casa Baltar, Larsa, Leyma Natura, Maruxas de Nata, Fundación Matrix, Monper Chocolate, Nela Gourmet, Oleoalmanzora,  Oro Al-Andalus, Pazo Pegullal, Perusiñas, Pintarré, Marmelucas, Puerta de las Villas, Sensolive, Siderit, Sidra Somarroza, Bodega Solotero, Traloagro, Triscos, Tres Fuciños, Safrina, Vallelongo, De Liñares e La Central Heladera.