Visitantes
Salimat Abanca
Quen nos visitará?
Na última edición do salón un total de 84.673 persoas acudiron a coñecer as súas propostas expositivas e participar nas actividades programadas durante os seus catro días de celebración.
Unha enorme afluencia que se traduce en padais ansiosos por coñecer o teu produto e que fan de Salimat Abanca un foro excepcional para xerar marca e negocio, cun gran impacto real.
Esixentes prescritores do teu produto no lineal dun supermercado
Extraordinarios embaixadores da túa marca na mesa dun restaurante ou na barra dun bar
Fieis clientes da túa canle online
Motivados aspirantes a chef que na súa cociña traballan con mimo o teu produto
Avezados foodies que buscan o mellor nesas tendas gourmet nas que estás presente
Esixentes amos e amas de casa dispostos a alimentar aos seus co mellor
Pequenos fedellos cun gran poder de decisión de compra
Os consumidores finais, cun indubidable valor por ostentar a decisión de compra, conforman a esencial deste extenso público, ao que se unen multitude de profesionais que queren coñecer de primeira man as propostas da feira.
Responsables de tendas gourmet
Gran distribución e distribuidores rexionais
Importadores
Chefs e profesionais da canle horeca
Responsables e técnicos da produción e industria agroalimentaria
Bloggers gastronómicos
Prensa especializada
DATAS
5 - 8 de xuño 2025
Perfil
Principalmente profesional os dous primeiros días
Público xeral a fin de semana
Localización
Feira Internacional de Galicia.
Abanca - Silleda
(preto de Santiago de Compostela – España).
Horario
Xoves e venres de 10:00 a 20:00 h. Fin de semana de 10:00 a 21:00 h
Acceso
Gratuito
28a
Edición
Ámbito
Internacional
Frecuencia
Anual









