Un certame que  non parar de medrar 

Salimat Abanca experimentou nos últimos anos un notable aumento das súas cifras, parello ao apoio do sector e a satisfacción de tódolos participantes. Así, en 2018:

    • Contou con  220 expositores,  un 25% máis que na anterior edición
    • Propiciou máis de  1.400 reunións de negocio  nos seus Encontros Internacionais de Compradores (un 31% máis), con   25 importadores de 14 paises  
    • Celebrou   máis de 50 actividades  distintas no seu programa. Entre elas show cookings co Grupo Nove, encontros con tendas gourmet e bloggers ...
    • Mostrou preto de  90 innovacións almentarias  na súa área Alinova, un 50% máis
    • O público  superou moi amplamente os 100.000 visitantes,  unha de las vantaxes de celebrarse de forma paralela á emblemática feira Abanca Semana Verde de Galicia.

Unha cita que aúna tódalas claves para chegar con eficacia 
 á distribución e ao consumidor 

Salimat Abanca aposta de novo por ofrecer ao sector as mellores ferramentas para xerar oportunidades comerciais. Sempre coa máxima de adaptarse ás necesidades actuais das empresas.

    • A súa  área expositiva  será un rechamante escaparate para mostrar calidade e innovación.
    • programa de actividades  do salón propiciará tanto a converxencia como a difusión.
    • Os seus  Encontros de Compradores   aumentarán o seu recoñecemento como plataforma de negocio.
    • dobre orientación   permitirá a promoción ante profesionais
      e público final.

A mellor fórmula para atraer á demanda:
  desde pequenos produtores á gran distribución 

O Salón de Alimentación do Atlántico expón unha área expositiva con gran presencia de alimentos diferenciados, constituíndo o mellor espazo para que as empresas testen os seus produtos artesáns, gourmet, ecolóxicos e innovadores.

Unha atractiva oferta á que se suma a gran distribución, a cal confía cada vez máis no salón para chegar ao público e tamén buscar produtos para os seus centros.

Unha mostra con gran interese comercial que se completará con un intenso programa pensado para por en común, divulgar e reforzar a participación dos expositores. Incluirá a área de novos producos Alinova, catas, show cookings, presentacións…

vista aerea maps