Actividades

salimat

Salimat Abanca

Que encontrará o visitante en SALIMAT ABANCA 2023?4

Xa sexas un profesional do sector, un apaixonado da gastronomía ou un consumidor interesado en produtos de calidade, Salimat Abanca ofréceche unha infinidade de posibilidades.

 

UNHA CITA CON AMPLA TRAXECTORIA

Trátase dun salón de referencia no ámbito agroalimentario a nivel nacional onde descubrir, probar e adquirir produtos exquisitos de todas as rexións e mercados, resolver calquera dúbida cos propios produtores e tamén atopar socios ou provedores.

FALADOIRO SALIMAT ABANCA

Desde a súa pasada edición o certame incorpora un atractivo espazo no que recoñecidos chefs reúnense para achegar ao público a emoción da cociña e o seu periplo vital, falando do onte e o hoxe mentres elaboran un prato de referencia nas súas vidas e enxalzan as singularidades da Comunidade á que representan. 

 

A TERRAZA SALIMAT

É o epicentro do salón no que a presentación e showcookings refírese, cunha ampla programación coa que poderás descubrir produtos de altísima calidade, así como as súas historias, os seus procesos e todas as posibilidades que ofrecen.

FORMACIÓN E ENCONTROS

Talleres educativos, xornadas técnicas e catas conforman un variado programa con temáticas e actividades que irán dirixidas a todos os perfís de visitantes. Únense citas específicas para o sector, como interesantes foros temáticos ou o encontro de bloggers gastronómicos.

 

ALINOVA

Unha galería para deixarse sorprender por todas as novidades presentes en feira e que acaparará de novo todos os focos do público, visitantes profesionais e medios. 

ACTIVIDAD NOS STANDS

Cada ano os expositor supéranse coas orixinais propostas nas súas casetas para captar a atención do público e dos profesionais, e dar a coñecer os seus produtos. 

 

COMPETICIÓNS

Os concursos máis orixinais daranse cita no certame, coa intención de recoñecer a excepcional calidade dos produtos presentes na feira de forma amena.

GASTRONOMÍA

Desde as tradicionais “pulpeiras” a unha ampla variedade de propostas, que permitirán experimentar por que unha feira en Galicia é tamén sinónimo de gastronomía.