O presidente da Xunta de Galicia e a conselleira do Mar visitaron hoxe o espazo expositivo de Salimat Abanca en Gourmets

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou hoxe o espazo expositivo que o Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca, ten no stand da Consellería do Mar na feira Gourmets (Ifema, Madrid). Espazo no que ambos intercambiaron impresións co director da Fundación Semana Verde de Galicia, Ricardo Durán, quen encabeza o equipo feiral que estes días está a promocionar a 29ª edición de Salimat Abanca. Esta convocatoria celebrarase do 4 ao 7 de xuño no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA.